Co alumnado de Ciencias da Terra de 2º de Bacharelato elaboramos un artigo que presentamos ao noso alcalde e realizamos unha petición de sinaturas en Change.org :
http://chng.it/XhBTWsdc5N
http://chng.it/XhBTWsdc5N
“O
IES LAXEIRO DEMANDA QUE O CONCELLO ACTÚE CONTRA
O CAMBIO CLIMÁTICO”
A
evidencia dun clima cambiante é cada vez máis
clara. Obviamente
existen poderes interesados en manter o
status quo, e
tratar de agachar
a
realidade
e
o
problema ao
que nos enfrontamos
todos como sociedade
e
como
especie.
Este
cambio climático non é
unha
problemática
de
hoxe, xa que o
quentamento xeneralizado do planeta é unha consecuencia dunha
realidade coñecida dende
fai anos pero cuxas medidas por
parte
dos
gobernos
para remedialo son insuficientes.
A
orixe do problema débese
fundamentalmente a queima de biomasa e combustibles fósiles sumado a
deforestación. Está,
polo tanto, a man das institucións
detrás do aumento da concentración atmosférica de CO2
responsable do efecto
invernadoiro, e son as
que deben de actuar
para remediar esta situación con consecuencias tráxicas para o
desenvolvemento da vida no planeta. Cambios
na produción dos alimentos, aumento nos índices de mortalidade
debido a inundacións, secas
e tormentas
ou a
extinción de especies
son só algúns exemplos do que xa está
a suceder.
A
situación é grave e urxente,
non podemos alcanzar o punto de non retorno e temos
que actuar agora
para cambiar a curso da historia.
Precisamos que os gobernantes teñan en conta os novos escenarios do
cambio climático e debemos comezar co compromiso e a
implicación do noso concello
introducindo criterios de sostibilidade
e medidas de loita
contra o cambio climático, remitindo a
Consellería de Medio Ambiente o que corresponda. Estas
son algunhas das nosas propostas para a axenda política:
-
Crear unha Oficina Contra o Cambio Climático como organismo de coordinación. Entre as súas funcións estarían: a cuantificación das emisións de CO2 dos plans municipais, crear un regulamento en contra do cambio climático que permita potenciar e beneficiar todas aquelas prácticas que opten por un camiño máis sostible, así como a vixilancia do cumprimento dos obxectivos da estratexia marcada.
-
Realizar un plan de implantación de enerxías renovables en instalacións e servizos municipais para impulsar un modelo baixo en emisións contaminantes:
-
Optimización do alumado público ou melloras dos envolventes dos edificios; busca de novas alternativas coma cubertas verdes.
-
Instalar enerxía solar fotovoltaica en instalacións municipais.
-
Substituír sistemas de climatización e auga quente por outros máis sostibles.
-
Promover os edificios de consumo case nulo aplicando criterios de construción bioclimática para mostrar o compromiso municipal.
-
-
Fomentar as 3R, reducir, reutilizar e reciclar, na xestión dos residuos.
-
Promover a creación de plantas de reciclaxe de residuos locais fronte a incineración, que ademais contribuirían a creación de emprego para a poboación da contorna.
-
Facilitar a separación e recollida selectiva de residuos no rural mediante a colocación dos diferentes contedores.
-
Estudar o horario dos puntos limpos para dar maiores facilidades aos cidadáns.
-
-
Actuar contra a perda dos montes, establecendo medidas de prevención de incendios:
-
Planificar programas de reforestación que teñan en conta de forma prioritaria o risco de incendios á hora de escoller as especies nativas axeitadas.
-
Apostar polo emprego forestal estable, profesionalizando as brigadas nas labores de prevención.
-
-
Mellorar a xestión da auga:
-
Esixir aos licitadores de contratas de limpeza o uso eficiente da auga e de produtos non tóxicos e non lesivos para o medio ambiente.
-
Ditar normativas que inclúan a xestión eficiente da auga no interior dos edificios municipais.
-
Automatización do rego dos espazos verdes.
-
-
Reducir a contaminación orixinada polo tráfico, vivificando o transporte colectivo e non motorizado.
-
Impulsar o funcionamento da estación de Botos como medio de transporte de pasaxeiros entre cidades como Ourense e Santiago de Compostela.
-
Crear un programa municipal para o desenvolvemento de recarga de coches eléctricos en lugares de residencia ou traballo.
-
Priorizar desprazamentos non motorizados, promoción da rede ciclista e bicicletas para alugar.
-
-
Desenvolver campañas de educación ambiental para os cidadáns:
-
Programar actividades de concienciación, sensibilización e información sobre pequenas accións que podemos levar a cabo para contribuír á diminución das emisións e da contaminación en xeral.
-
Implantación de educación ambiental nos centros educativos.
-
-
Favorecer o comercio xusto e respectuoso co medio ambiente e as persoas:
-
Fomentar o comercio local que reduza as emisións de gases no trasporte e asegurando unhas condicións dignas para os traballadores.
-
Facilitar e promover a realización de mercados de segunda man e artesáns.
-
Incentivar a compra de produtos fabricados con procesos respectuosos co medio ambiente, como papel e tóner reciclado.
-
-
Mellorar os espazos verdes do concello coa plantación de árbores e plantas autóctonas.
-
Calcular e controlar as emisións de gases de efecto invernadoiro:
-
Establecer mecanismos de control e vixilancia da calidade do aire.
-
Facilitar a adopción de medidas preventivas e correctoras nos polígonos industriais que reduzan as emisións á atmosfera, así como fomentar o uso de enerxías renovables.
-
Realizar inspeccións periódicas que garantan o cumprimento da lexislación en materia non so de contaminación atmosférica senón tamén de xestión de residuos.
-
Ningún comentario:
Publicar un comentario