O xoves 4 de xuño, o alumnado de 1º
ESO participou nun teatro-fórum no que se evidenciaron e se reflexionou sobre
os dereitos, a convivencia, os valores sociais… Mediante dinámicas e previo sketche
das actrices Paula e Patricia, traballaron co alumnado e fomentaron o debate e
a interiorización de aspectos das emocións, pensamentos e accións que levamos a
cabo diariamente e que poden mellorar ou entorpecer a nosa relacións cos
demais.
Esta é outra actividade máis das que
ao longo de varios cursos levamos feitos en cooperación coa Asemblea da
Cooperación pola Paz. Hoxe estivo a súa representante Tania, recén chegada de
Guinea Bissau onde traballan proxectos educativos e de saúde.
Na vindeira semana remataremos as
actividades para este curso, co visionado das reportaxes gravadas polo noso
alumnado e Carmen Novas (da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) ao
longo do obradoiro de TV: entrevistas de comercio xusto, a canceiro “Peludos
sen Fogar”, as reivindicacións da Fraga de Casas Novas e Catasós, a asociación
Mencer e os labores altruístas que realizan….
O noso centro recibirá a placa que
testemuña a nosa inclusión nas Escolas Sen Racismo e esperamos, en breve, ter
na web do instituto a ligazón para estas reportaxes
feitas por alumnado dos catro cursos da ESO. Grazas a todos/as por participar e
tamén grazas polo seu compromiso e labor aos membros das ACPP.
Ningún comentario:
Publicar un comentario