Magnífico e divertido traballo de síntese. Un moi bo guion, un
execicio de actualización de referentes estupendo, unha voz que nos
conduce de xeito frenético e sen decaer... Parabéns pola iniciativa e
por crear materiais de indubidábel utilización didáctica. Esperemos que o
ano das Irmandades teña continuidade e que o curso 2016-2017 sexa o
momento de aplicar, de distribuír e levar todos estes materiais ás
aulas, aos encontros culturais,..., para deixar pouso, para nos reinventarmos a partir deles...
Unha única cuestión para reflexionarmos para o futuro: sendo certo o
machismo existente naquela altura (e diferente na súa materialización ao
de hoxe, mais con moitos eixos transversais que perviven e están ao
noso redor) e, por tanto, a presenza masculina é a que prevalece en toda
a actividade sociopolítica nesta altura, fica aínda por afondar ben -e,
sobre todo, por divulgar- no papel das mulleres. Moitas delas estiveron
nun papel "secundario", nun posto non principal, é verdade. Mais isto
tamén acontece porque decidimos que é o prioritario, que é o principal. A
relevancia, de maneira especial, das mestras da época, está por
estudar. A práctica dunha pedagoxía avanzada, innovadora, era unha
revolución na época. Tamén cómpre detérmonos no xermolo das xornalistas.
Cada día imos coñecendo máis e máis o papel dalgunhas mulleres. Hoxe xa
podemos nomear algunhas. Mesmo algúns labores, como o editorial de
Ánxel Casal, non existiría igual sen a enorma contribución á causa de
María Miramontes. Debíanos preocupar que traslademos a idea de seren
feitos individuais, illados (Elvira Bao, Micaela Chao, Amparo L Jean,
María Miramontes, Mari Luz Morales...) e trazar liñas en común para pór
en valor o seu papel, sen dúbida máis importante do que pensamos e do
que está estendido entre nós. Nese sentido, unha recomendación para
comezar: ler, de principio a fin, o A fondo do Sermos Galiza sobre A
Galiza das irmás.
iFala from Illa Bufarda on Vimeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario