luns, decembro 05, 2016

CAMPAÑA DE CONCIENCIACIÓN CONTRA O VIH-SIDA

A OMS estima que alomenos o corenta por cento de portadores do Virus de Inmunodeficiencia Humana (VIH), (uns  14 millóns de persoas), descoñecen a súa condición. E uns 18 millóns de seropositivos carecen actualmente de acceso a tratamentos con medicamentos antirretrovirais .

Coincidindo co 1 de decembro (día internacional de loita contra o SIDA), a Cruz Vermella instalou un posto informativo no IES Laxeiro. Atendeu as dúbidas do alumnado, que recibiu ademais das pegatinas co lazo vermello, bolígrafos, folletos informativos e tamén colaboraron nun mural.
Durante o primeiro recreo da mañá, foron moitos os interesados que pasaron polo stand. Un día máis, un ano máis  para tomar conciencia do moito que queda por facer e do moito que se fixo.




Ningún comentario:

Publicar un comentario