Alba Roqueiro Galego, de 4º de ESO, le Cartas de inverno e realiza este Booktrailer.
domingo, novembro 20, 2016
sábado, novembro 19, 2016
Homenaxe a Agustín Fernández Paz (XV)
Uxío Silva Álvarez de 3º de ESO leu Valados de Agustín Fernández Paz
venres, novembro 18, 2016
CHARLAS DO CONCURSO CLASES SEN FUME: PREVENCIÓN DO TABAQUISMO EN PREADOLESCENTES
Os días 7 e 17 de novembro, contamos coa Dra. Victoria Aldea da Consellería de Sanidade, que traballará e informará ao alumnado de 1º e 2º ESO
participante do Clases sen fume.
O alumnado coñecerá aspectos do tabaquismo: enfermidades relacionadas,
substancias que contén (que se saiba ningunha saudable), realizaranse
cosimetrías (medicións do monóxido de carbono en pulmón), as tácticas de
publicidade das empresas tabaqueiras, que é tolerancia, adicción.… e tomará
conciencia do importante das súas decisións respecto do consumo de tabaco.
xoves, novembro 17, 2016
Homenaxe a Agustín Fernández Paz (XIV)
Lucía Vázquez Vázquez, de 4º de ESO, achéganos o booktrailer da súa lectura Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.
mércores, novembro 16, 2016
Non hai moito...
Mirei esta caixa de lembranzas chamada blogue. E el díxome a verdade: Narf estivo connosco en abril deste mesmo ano. Un día inesquecible de música e sorrisos. Sempre nos quedará a túa música e a túa ledicia. Que a terra che sexa leve.
martes, novembro 15, 2016
Encantado de coñecerme para acadar os meus soños
Este é o obradoiro motivacional no que durante 4 días, están a
participar alumnado de FPBásica:
prentendemos que descubran o seu potencial, mediante mellora da
autoestima, motivación e que iso repercuta positivamente en aspectos como
traballo en equipo, cooperación, superación de crenzas autolimitantes…
Con Concepción Cochón (educadora social, psicopedagoga e experta en
educación), e mediante técnicas baseadas
en coaching, intelixencia emocional e
programación neurolingüística, están a traballar competencias persoais e
profesionais.
luns, novembro 14, 2016
Take This Waltz
En 1949, un Cohen de quince anos entrou nunha libraría de segunda man de Montreal, colleu un libro e leu un poema, “Gacela del mercado matutino”.
En 2011, en Oviedo, Cohen comentou que Lora fora o poeta que máis influíra na súa xuventude.
En 1986, Cohen participou no disco Poetas en Nueva York, no que artistas como Lluís Llach, Paco e Pepe de Lucía, George Moustaki ou Angelo Branduardi musicalizaban, a modo de homenaxe, poemas de Lorca. Aquí escoitamos “Take this waltz”, adaptación do “Pequeño vals vienés” -pertencente ao poemario Poeta en Nueva York-.
domingo, novembro 13, 2016
Un sorriso tenro
Un mes despois aínda lembramos con entrega e emoción a visita do noso admirado e prezado Manolo Rivas. E por fin chegan algúns dos vídeos que servirán para que a nosa memoria non nos minta nin esaxere: ao velos, afirmámonos en que foi un dos mellores días da vida do Laxeiro.
Homenaxe a Agustín Fernández Paz (XIII)
Fernando González Salas de 4º de ESO achéganos o seu Booktrailer tras a lectura de Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz.
sábado, novembro 12, 2016
O "Cern" visita o Laxeiro
Este luns 7 de novembro visitounos Breogán Costa para falarnos das oportunidades profesionais que ofrece o CERN
venres, novembro 11, 2016
Táboa de elementos
Táboa periódica que amosa para que se usan os diferentes elementos químicos e explica as principais características dos meosmo.
Ide a esta ligazón para consultala de xeito interactivo.
Visto aquí.
xoves, novembro 10, 2016
Homenaxe a Agustín Fernández Paz (XII)
Rubén Otero Cibeira, de 4º de ESO, leu "O centro do labirinto" de Agustín Fernández Paz.
Homenaxe a Agustín Fernández Paz (XXI)
Zaira Míguez López, de 4º de ESO, leu "Aire negro" de Agustín Fernández Paz.
mércores, novembro 09, 2016
Homenaxe a Agustín Fernández Paz (XXI)
Lorena Vázquez Codesido, de 3º de ESO, realiza o booktrailer despois da lectura de "Amor dos quince anos, Marilyn" de Agustín Fernández Paz.
martes, novembro 08, 2016
Homenaxe a Agustín Fernández Paz (XI)
Antía Rozas Rozas, de 3º de ESO, envíanos o seu Booktrailer sobre o libro de Agustín Fernández Paz, "Amor dos quince anos, Marilyn".
luns, novembro 07, 2016
Homenaxe a Agustín Fernández Paz (XI)
Valeria Fernández Blanco, de 3º de ESO, realiza este booktrailer de "Corredores de sombra", outro gran que se suma á nosa particular homenaxe a Agustín Fernández Paz.
domingo, novembro 06, 2016
Homenaxe a Agustín Fernández Paz (X)
Ana Santalla Garrido, de 4º de ESO, realiza un espectacular booktrailer do libro "A neve interminable" de Agustín Fernández Paz.
Homenaxe a Agustín Fernández Paz (IX)
Verónica Soto Penalta de 4º de ESO, realiza este booktrailer sobre a súa lectura Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz.
Homenaxe a Agustín Fernández Paz (VIII)
David Taboada de 4º de ESO, realiza este booktrailer sobre a súa lectura Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz.
sábado, novembro 05, 2016
venres, novembro 04, 2016
Hoxe celebramos o noso Día da Ciencia en galego
O alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato foi o mestre de cerimonias neste día, extraendo o ADN a chícharos, tomates e cebolas. Asemade, o departamento de Matemáticas despregou un amplo dispositivo de xogos para que o alumnado rompa a cabeciña un pouco.
Todo un éxito
xoves, novembro 03, 2016
VII Día da Ciencia en Galego 2016
Xa temos os cartaces que veñen a engrosar os feitos os anos anteriores pola nosa artista MAR García. Serán pendurados no noso corredor da Ciencia a próxima semana.
mércores, novembro 02, 2016
Rock, Paper, Scissors
Grazas a Kiko da Silva descubro este vídeo, quizais o mellor que teñamos visto contra o bullying. As súas palabras: "Este video simbólico sobre el bullying resume perfectamemte tanto el
problema, como la solución para que no suceda. Y además lo han hecho muy
bien con un diaeño de personajes simpático y un acabado muy
profesional".
martes, novembro 01, 2016
A morte, territorio das artes
Novamente, o IES San Paio agasállanos cun espectacular traballo. Desta volta. Biblioteca e morte: territorio das artes ou Cando a Morte se fai Arte
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













