Silvia Soutro Froján:
Lucía Vázquez Vázquez:
Laura Verde:
venres, xuño 16, 2017
xoves, xuño 15, 2017
Falando con Ledicia Costas
Ledicia Costas chegou sen avisar. Andaba pola zona e sabía que o noso alumnado a lera. E tivo o grandísimo detalle de vir, non a tomar un café nin a descansar, senón que foi a un montón de clases a presentarse e a falar. Do que eles e elas quixesen. Das preguntas que lle viñesen á menta. Que para iso ten un lectorado fiel que a segue emocionado!!!
mércores, xuño 14, 2017
Meter o título (4)
David Taboada escribe:
Na Bretaña esmeraldina
nun arrabaldo do norte,
Antón e os inocentes
loitan
contra maquieiro
con pólvora e magnolias
polo
amor de Artur,
pola
estripe de Percival
e outras historias
No ventre do silencio
co fin dun canto,
unha voce na néboa
comeza
o outro
mentres
conversas con Xosé Luís Méndez Ferrín.
Iria Lareu Coego escribe:
E aí estaban os dous
de sempre,
observando como a
memoria da choiva
calmaba a intensa ira
dos mansos
ao lembrar aquel agosto
do 36
enchíanselles os ollos
de auga.
Unha dor inflamable asentouse
no seu corazón,
e a dúbida
de como as almas
grises das persoas
poden chegar a traspasar un horizonte de sucesos.
martes, xuño 13, 2017
Videopoema (13)
Miguel Lamazares escolle o poema "Amencer" de Manuel María:
AMENCER
Pouco a pouco, feblemente,
o día vai a nacer. Vense brillar quedamente
as luces do amencer!
Pra non despertar as cousas
que están durmindo a mañán:
luces chumbas como lousas
amodo, na terra, can...!
AMENCER
Pouco a pouco, feblemente,
o día vai a nacer. Vense brillar quedamente
as luces do amencer!
Pra non despertar as cousas
que están durmindo a mañán:
luces chumbas como lousas
amodo, na terra, can...!
luns, xuño 12, 2017
O meu libro favorito (1)
Zaira Soto quere falar dun libro que lle encantou: O misterio das badaladas, de Xabier Docampo.
Meter o título (3)
Silvia Souto Froján:
Game over,
todas as horas roubadas na expedición do Pacífico.
Un videoxogo
case perfecto,
onde
percorrín un camiño perigoso
seguindo unha estrela no vento.
O faro escuro,
tamén
chamado a casa da luz,
alzábase nun cume de neve interminable.
Ó descenso do derradeiro ocaso,
só queda á lus do candil
para
atravesar a sombra cazadora
onde todo é silencio.
Aparecen sete caveiras
xunto con sete palabras e, detrás,
o anxo negro posuidor dunha chave de ouro,
A chave da Atlántida.
Alba Rodríguez Diéguez:
Alba Rodríguez Diéguez:
Traballa arreo todos os días
nOs eidos da miña casa
sacando herba aquí ou acolá;
todos os días O galo espértame
arranco ortigas e malas herbas
ó rematar vou ao meu refuxio
cando o longo día acaba
eu volvo a casa ou sombra a descansar.
Verónica Soto Penalta:
Verónica Soto Penalta:
Ela era Matilda,
a Ilustrisima
daqueles tempos,
aquela que lle escribía Cartas de Inverno ,
ao Querido
Tomás.
Pero en Agosto
do 36,
pasaron Cousas
importantes,
onde O
Misterio das Badaladas ,
provocou O
inferno de Marta.
E que
desfeita!
domingo, xuño 11, 2017
Videopoema (12)
Zaira Soto González escolle o poema de Celso Emilio Ferreiro:
NON
Se dixese que si,
que todo está moi ben ,
que o mundo está moi bon,
que cada quen é cada quen...
Conformidá.
Ademiración.
Calar, calar, calar,
e moita precaución.
Se dixese que acaso
as cousas son esí,
porque si,
veleí,
e non lle deamos voltas.
(Si aquil está enriba
i aquil outro debaixo
é por culpa da vida.
Se algúns van de porta en porta
cun saco de cinzas ás costas
é porque son uns docas).
Se dixera que si...
Entón sería o intre
de falar seriamente
da batalla de froles
nas festas do patrón.
Pero non.
Meter o título (2)
Ana Santalla Garrido escribe este poema a partir dos títulos:
Os escaravellos
voan a tardiña,
por un bosque
cheo de faias,
sempre ven o
porco de pé
e pasan por A cova
das vacas mortas.
Teñen que ter
coidado cos Rebeldes,
que viven en A casa
da luz
pois a súa boca
do inferno,
é Cómplice
do Aire
negro.
Zaira Soto escribe estoutro:
Zaira Soto escribe estoutro:
Mulleres,
aqueles días nos que eramos malas,
sen obediencia e con moita resistencia,
con tres segundos de memoria,
nos
que o quería era matarte lentamente,
cun ollo aberto e outro sen cerrar,
e
agora que, xa non estou aquí,
todo isto che direi:
ÁMOTE LEO A.
A célula
Por segundo ano consecutivo, o alumnado de 1º de ESO andou a estudar os diferentes tipos de célula e os seus compoñentes. Algúns dos seus traballos puidemos velos na exposición que organizamos na entrada da biblioteca.
Videopoema (10)
Laura Soto, Noa Presas e Noa Villar Gallego: "Mais ve que o meu corazón" de Rosalía de Castro.
venres, xuño 09, 2017
Videopoema (9)
Uxía López Lois escolle un poema de Antonio García Teijeiro e o seu Na fogueira dos versos.
Videopoema (8)
Laura Carelli escolle un poema de Manuel Rivas:
Préstame, chuvia, as túas palabras
e ti, vento, as ideas tan longas.
Déixame o teu rezo breve, río,
e ti, neve, a cortiza da bidueira.
Acouga ao norte, crepúsculo de musgo.
Pisadas.
Quebra o mundo como asa de garza.
Acúdeme, lóstrego.
Ponte de man, verde espada.
Cúbreme, néboa.
Coidémonos. Vén xente.
Mohicania, 1986
Préstame, chuvia, as túas palabras
e ti, vento, as ideas tan longas.
Déixame o teu rezo breve, río,
e ti, neve, a cortiza da bidueira.
Acouga ao norte, crepúsculo de musgo.
Pisadas.
Quebra o mundo como asa de garza.
Acúdeme, lóstrego.
Ponte de man, verde espada.
Cúbreme, néboa.
Coidémonos. Vén xente.
Mohicania, 1986
Videopoema (7)
Marcos Quintana Cuñarro e Daniel Souto Froján elixen para facer o vídeo o poema de Celso Emilio Ferreiro "Eu en ti";
xoves, xuño 08, 2017
Homenaxe ás mulleres científicas galegas
Primeiro recibimos a exposición: Mulleres científicas premiadas:
PREMIOS MARÍA JOSEFA WONENBURGER
E logo o profesor José noche co alumnado de 3º ESO B pensaron en como homenaxealas, en como visibilizalas, nun intento novo de que as mulleres teñan os mesmos dereitos cós homes. Quizais algún día o consigamos!
E así naceu este
E así naceu este
Manequin challenge
Etiquetas:
3º ESO,
Actividades,
Actividades da biblioteca,
Ciencia,
departamento de Matemáticas,
Donas de si,
Igualdade da Muller,
Mulleres Científicas,
Plan Proxecta,
Vídeo
mércores, xuño 07, 2017
Videopoema (5)
Silvia Souto Froján escolle o famoso poema de Curros Enríquez "Ós mozos" do seu libro Aires da miña terra.
martes, xuño 06, 2017
Poemas titulados (3)
Tania Areán:
Tomás Viana:
Marcelo Gomes:
Noelia Blanco:
Alberto Blanco:
Pablo Castro:
Adriana Cangado:
Sergio Quinteiro
Christian Oro:
Tomás Viana:
Marcelo Gomes:
Noelia Blanco:
Alberto Blanco:
Pablo Castro:
Adriana Cangado:
Sergio Quinteiro
Christian Oro:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










































