venres, marzo 02, 2018

Curtas pola Igualdade V

Unha Brancaneves diferente



Un conto tradicional no que se cambian algúns dos tópicos "femininos" como a beleza da muller pola intelixencia ou que a mamá é a que traballa fóra da casa e é a máis intelixente da familia. Asemade, hai outros valores como o esforzo para conseguir os obxectivos ou a solidariedade.





Podemos pararnos nestas cuestións que nos ofrece o blogue do profe Juan:




mércores, febreiro 28, 2018

Mulleres en acción #violenciazero

 Este martes 27 de febreiro co alumndo de 2º de ESO participamos nunha acción colectiva cos outros centros de ensino de Lalín: pompas pola non violencia contra a muller, pompas pola igualdade.












martes, febreiro 27, 2018

Con Iria Misa


Marcos Quintana Cuñarro de 4-B aporta a súa reflexión sobre a visita de Iria Misa despois da lectura de Xa non estou aquí.


Este luns os meus compañeiros e mais eu recibimos no IES Laxeiro a visita da escritora Iria Misa; autora do libro “Xa non estou aquí”.

Estivemos falando sobre o libro, e tamén en que se basou a escritora para escribilo.Temos que destacar, segundo nos contou a escritora, que ó libro está contado sobre sucesos que pasan na realidade, cando ocorre unha desaparición; ese “bombardeo dos medios de comunicación, para aproveitarse da situación”, ou “cando estás desaparecid@ métense na túa vida privada, e din datos sen relevancia”, afirmaba a escritora. No trancurso da reunión, fixemos outra actividade que nos propuxo Iria: repartiu unhas imaxes con persoas desaparecidas, e tiñamos que comentalas e dicir unha posible causa da súa desaparición. Con esta actividade, xurdiron diversas ideas sobre as posibles maneiras da desaparición dunha persoa, e intercambiamos opinións.

En síntese, foi unha actividade e reunión moi entretida, onde saíron ideas do libro baseadas na realidade, que descoñecíamos, pero que pasan. Agradecerlle a Iria Misa o esforzo que fixo por vir e dedicarnos un pouco do seu tempo a pasalo con nós.




Curtas pola Igualdade III


Querido papá, vanme chamar puta.



Este vídeo amosa como os micromachismos que toleramos cada día son o xermolo de problemas tan graves como a violencia de xénero. 
Serve para reflexionar sobre todas aquelas cousas que non debemos deixar pasar na loita contra o sexismo.


luns, febreiro 26, 2018

Curtas pola Igualdade II

A bout de la rue. 

Esta curta reflicte o medo que experimentan moitas mulleres á hora de volver á casa pola noite. O acoso na rúa é o tipo de acoso sexual máis habitual.



 

xoves, febreiro 22, 2018

Día de Rosalía de Castro 2018 #AbrideAFiestra

No IES Laxeiro abrimos as fiestras a  ROSALÍA, porque "Ela é o refacho que abre as nosas fiestras"





 E fixemos este "roll up" a partir do traballo do alumnado de Plástica con punteado:

sábado, febreiro 17, 2018

DÍA DE ROSALIA 2018



Dende a AELG:

Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe. No bater das fiestras que cheiran a couza do pasado, a mentiras que repetidas mil veces queren chegar a ser verdades, a fala que se nos rouba e aire que nos falta precisamos a bravura das mareas e o salvaxe das montañas. Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro.
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos como literatas. Un refacho que trae a voz de todas as meniñas gaiteiras que están por chegar. Un refacho que canta a vida e transforma todo dende as raíces.
Mais para que o refacho entre, precisa da nosa vontade. Pídenos, imperiosa: Abride a fiestra!
E na nosa man está abrir a fiestra. Abrila para vermos a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos une ás rebeldes do mundo, que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos ofrece a súa clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre está do lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por descubrir. Porque en todos os recunchos do mundo, mais sobre todo aquí, en Galicia, hai rosalías que cantan e que falan, alancando con brillantes e destemidas botas azuis entre a lama.
Rosalías que abrimos a fiestra saíndo á rúa contra o espolio da terra que ela cantou, ecolóxica antes de que existise nin o termo. Cada vez que nos negamos a seguir converténdonos en plantación de eucaliptos, minas, xeriátrico e mercadoría, reivindicando a paisaxe que ela utilizou politicamente coma ninguén. Cada vez que pulamos polo público, a sanidade, o transporte, as axudas a quen está na marxe e ela puxo sempre, dende o afecto e a transgresión, no centro. Cada vez que desfacemos o discurso que sustenta a violencia de tantos Pedros mediante a escrita e a acción feminista, contra todos eses que seguen ladrando mentres nosoutras camiñamos.
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
Abride a fiestra á afouteza e ao abraio, á redefinición do que a historia dos homes fixo de mulleres irreverentes coma ela.
Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos.

María Reimóndez
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)

#AbrideAFiestra

xoves, febreiro 15, 2018

Correspondentes xuvenís 3.0, antena informativa do IES Laxeiro

Xa está na web a información que vos debiamos dende principio de curso e que nunca conseguimos darvos porque sempre andamos mal de tempo.




A maioría do alumnado de 3º ESO – A exerce este curso de “Correspondentes Xuvenís”. Manteñen un blogue para informar a toda acomunidade educativa, pero sobre todo a compañeiros e compañeiras de canto se lles envía dende a OMIX do noso concello e dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado sobre bolsas, programas europeos, concursos...
Asemade, no corredor que vai cara á Cafetería do noso centro, hai dous taboleiros que tamén informan e que se revisan periodicamente.

O blogue que podedes consultar é este:

domingo, febreiro 11, 2018

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia




Trátase de "descubrir ao público todas as grandes científicas que aínda non coñecemos e acabar cos estereotipos dunha ciencia principalmente masculina".





Aquí tedes máis información:

Mujeres con Ciencia, 2018, 2017

Tribuna Feminista

sábado, febreiro 10, 2018

Desfiando a roupa


O venres 9 de febreiro realizamos este obradoiro co alumnado de 4º de ESO, un obradoiro a cargo da Asemblea de Cooperación pola Paz.








Obradoiro de regueifas



O venres 9 de febreiro excelente este obradoiro que tivo a ben o noso Concello agasallarnos no centro. Unha lección de poesía e música tradicional que non chegou a nada e que desexamos repetir.



Ler é sexy

venres, febreiro 09, 2018

Tempo para ler no Antroido


«O tempo para ler, así coma e tempo para amar, aumenta o tempo para vivir.»
Daniel Pennac


Arch Apolar

luns, xaneiro 29, 2018

Día escolar da Paz e a non violencia III




 E agora a reflexionar:

.- Que significar ser emigrante?
.- Como cruza Said o Estreito?
.- Con que soña Said?
.- Cando chega a España, que é o primeiro que ve?
.- Como ten idealizada a vida en España o protagonista?
.- Pouco a pouco, sabe que nada é como el soñara. Como é a realidade que vive?
.- Que sentimentos che esperta a curta, o feito de que haxa mozos e mozas da vosa idade que non teñen dereito a unha vida como a vosa?
.- Que sentimentos vos provoca Said por un lado e os monicreques da feira polo outro?
.- En que se parece Said a calquera de vós? Que o diferenza?
.- Que é a TOLERANCIA? E a DIVERSIDADE?

Aquí, varias ligazóns:

Ficha e cuestións 

todoele

Día escolar da Paz e a non violencia II

#elviajedesuvida

La crisis de refugiados y migrantes que estamos afrontando ahora es la mayor desde el fin de la segunda guerra mundial. UNICEF lanza esta acción de sensibilización con objetivo de generar empatía e informar sobre la situación de los niños y niñas migrantes y refugiados en todo el mundo. 

http://elviajedesuvida.es/

 

domingo, xaneiro 28, 2018

Día escolar da Paz e a non violencia

Dende o  I.E.S. Concepción Arenal (Ferrol) chéganos este cartaz contra calquera tipo de violencia:



Unha vez máis, podemos acudir ao IES San Paio:

Palabras de Paz

Cine e Letras

luns, xaneiro 15, 2018

domingo, xaneiro 07, 2018

Lembrando a Castelao

Tal día coma hoxe, pero de 1950, morría no exilio Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O fascismo sabía que podería ser tan perigoso morto coma en vida, así que comezou por mandar unha consigna clara desde a censura franquista aos medios de comunicación:

"Habiendo fallecido en Buenos Aires el político republicano y separatista gallego Alfonso Rodríguez Castelao se advierte lo siguiente:
La noticia de su muerte se dará en páginas interiores y a una columna. Caso de insertar fotografía, esta no deberá ser de ningún acto político.

Se elogiarán únicamente del fallecido sus características de humorista, literato y caricaturista.
Se podrá destacar su personalidad política, siempre y cuando se mencione que aquella fue errada y que se espera de la misericordia de Dios el perdón de sus pecados.
De su actividad literaria y artística no se hará mención alguna del libro 'Sempre en Galiza' ni de los álbumes de dibujos de la guerra civil. Cualquier omisión de estas instrucciones dará lugar al correspondiente expediente".



venres, decembro 22, 2017

Por un 2018 en Igualdade

Este fin de trimestre optamos por realizar un traballo ben diferente: en lugar de dar os típicos trípticos de recomendacións lectoras, quixemos profundar na Igualdade, agora que temos un Vestíbulo da Iguladade con moitos libros e recomendacións, e agasallamos a quen levase libros para ler no Nadal con este calendario de marcapáxinas e este taco de notas, con 50 libros de Igualdade para todas as idades. Esperamos que vos guste: