martes, febreiro 08, 2022

ELAS PODEN, TI PODES!

 

Co gallo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado de 4º ESO participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’.

A través dunha conexión en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente cunha das “detectives do cancro”: a científica Antonia Tomás Loba. Antonia reflexionou sobre a labor das mulleres científicas e das dificultades que tiveron ao longo da historia para que fosen recoñecidos os seus méritos. Compartiu ASEICA e do fundamento biolóxico do cancro, da súa traxectoria como estudante e científica, así como do proxecto no que está a traballar actualmente na Universidade de Murcia. Neste proxecto investigan a influencia dos ritmos circadianos no desenvolvemento de tumores. Explicounos como estudos epidemiolóxicos revelan que a ruptura do ciclo de sono-vixilia, aumenta o risco de desenvolver cancro de fígado, mama e próstata e do relevante que é entender o mecanismo molecular que relaciona a ruptura do sistema circadiano e a aparición de tumores, xa que o cancro de fígado é a terceira causa de morte por cancro.

O alumnado tivo a oportunidade de facer unha visita virtual ao seu laboratorio na que se atapaba traballando o equipo de investigación que dirixe e como realizaba diferentes experimentos para facer fronte a esta enfermidade.

Antonia transmitiu optimismo e motivación, deixando moi claro que calquera alumno/a pode conseguir o que persiga e destacando o poder das mulleres na ciencia. 

Coa participación neste evento, visibilizamos o labor das investigadoras, fomentamos novas vocacións científicas e animamos ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola Ciencia.






mércores, febreiro 02, 2022

Concurso Luís Gustavo

 Un ano máis, convocamos o curso científico en honor ao noso prezado Luís Gustavo. Sempre nos nosos corazóns.



domingo, xaneiro 30, 2022

Día da Ilustración 2022

 Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Reimundo Patiño pintor, gravador e autor de BD. "Pioneiro da arte contemporánea galega."

 
 
Unha ocasión para traballar e reivindicar desde as bibliotecas escolares a historia da ilustración galega que non deixa de ser memoria do noso país. Para achegarnos ao valor propio das imaxes  máis aló dun complemento da escrita.
 
 
Tamén, unha oportunidade para poñer en valor o traballo da ilustradora Paula Mayor autora do cartel deste ano, unha poderosa imaxe da que seguro teremos moitas e variadas lecturas: estéticas, literarias, históricas, mitolóxicas ... ao tempo que viaxamos polo "desacougo creador" do homenaxeado neste 2022.
 
 
Nesta data, desde a Asesoría de bibliotecas escolares queremos poñer en valor o  traballo dos ilustradores e ilustradoras  ao longo de 14 anos de creación e de colaboración na edición dos carteis anuais para as bibliotecas escolares galegas, que iniciáramos en 2008 , e, de paso, celebrarmos estas fermosas imaxes a prol da lectura que fomos quen, entre todos, de poñer nos muros dos centros educativos. Imaxes que xurden dun coidado proceso de creación a partir do lema proposto. Imaxes que son testemuña gráfica da evolución das bibliotecas escolares galegas.
 


sábado, xaneiro 22, 2022

Golpes

 Este venres 21 de xaneiro, unha selección de alumnado de 4º da ESO asistiu á representación teatral de "Golpes", onde unha moza, a través dun monólogo, interpreta a situación vivida por unha muller vítima dunha relación tóxica e as consecuencias  que esta conleva.

Golpes busca que os espectadores identifiquen os índices sociais de desigualdade latente entre homes e mulleres así como as diferentes formas e caras da violencia de xénero. Está baseado na experiencia vital de Pamela Palenciano.

O espectáculo forma parte do programa "Por 365 días de respecto e igualdade" do Plan Proxecta.

Queremos dar unha grazas moi especiais a Estíbaliz polo seu espectáculo e pola súa cercanía. É a segunda vez que acode ao noso centro pero queremos que volva!



xoves, xaneiro 20, 2022

Ano Laxeiro (I)

 Por mor de que este ano o Día das Artes Galegas estará dedicado ao noso pintor Laxeiro, o noso centro decidiu que durante todo o ano 2022 imos dedicar os nosos esforzos a esta notable figura da nosa vila, realizando así o "ano Laxeiro" : todos os meses haberá algunha actividade arredor del.

Este é o cartaz conmemorativo que nos lembra o primeiro obradoiro do mes de xaneiro: un obradoiro de stop-motion.



venres, decembro 17, 2021

Premiada no noso concurso Luís Gustavo

 Este venres foi moi especial porque puidemos entregar nun acto moi sinxelo o II Premio do Concurso de Ciencai Luís Gustavo a unha alumna nosa, Uxía Rapado, que cursa arestora 2º de Bacharelato. Moitos parabéns!!!









venres, decembro 10, 2021

Árbore de nadal científica

 Un ano máis, sempre con Luís Gustavo no corazó, celebramos o nadal cunha árbore moi especial, a realizada no laboratorio de Ciencias:




xoves, decembro 09, 2021

Don't be that guy (II)

  "Non sexas ese machirulo", vídeo realizado polo alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de persoas adultas do IES Laxeiro para conmemorar o 25 N do 2021. Idea recollida da campaña escocesa "Don't be that guy". Moitas grazas.



venres, decembro 03, 2021

Un nadal en galego

 Xunto co Equipo de Normalización, elaboramos para o comercio de Lalín estas etiquetas para os agasallos de nadal.



mércores, decembro 01, 2021

XII día da Ciencia en Galego (3)

 Durante todo o mes de novembro realizamos diferentes actividades científicas en galego para celebrar o Día da Ciencia en Galego

  • Convocatoria do Concurso de Ciencia Luís Gustavo Rodríguez Taboada.
  • Cartel cos homenaxeados o día da ciencia en galego.
  • Exposición de minerais e rochas.
  • Exposición de libros de ciencia.
  • Programa de películas relacionadas cos homenaxeados.
  • Algunha actividade de criptografia.
  • Videoconferencias de Igaciencia. 
  • Exposición itinerante sobre os recursos naturais de Galicia e actividades asociadas.
  • Snack experiments
Algunhas fotos das diferentes actividades:









sábado, novembro 27, 2021

Carteis do alumnado de ciclos formativos

 O alumnado de ciclos formativos do alumnado do IES Laxeiro quixo este curso participar na campaña contra a violencia de xénero realizada este curso en todo o centro. Parabéns!!!



venres, novembro 26, 2021

Toca Igualdade

 Baile realizado polo alumnado do club de lectura pola igualdade de 3º e 4º de ESO do IES Laxeiro o 25 de novembro de 2021, co gallo da conmemoración do Día pola eliminación da violencia machista. Grazas a InterRed pola axuda e a coreografía.



Tócame a min

 Performance realizada polas alumnas de 1º de Bacharelato de Literatura Universal do IES Laxeiro, sobre a canción de Karen Méndez "Si algún día me toca a mí" co gallo da conmemoración do Día pola eliminación da violencia de xénero, o 25 de novembro do 2021



Comando Igualdade

 Asistimos a un moi interesante encontro con Chis Oliveira e Priscila Retamozo para falar de como organizármonos no centro para defender a igualdade.







xoves, novembro 25, 2021

Don't be that guy

 "Non sexas ese machirulo", vídeo realizado polo alumnado de Cuale e 4º de ESO do IES Laxeiro para conmemorar o 25 N do 2021. Idea recollida da campaña escocesa "Don't be that guy". Moitas grazas.



O noso 25 N

 Moitas actividades para conmemorar un Día que ogallá non existise. Seguiremos traballando.




mércores, novembro 24, 2021

Premio contra a violencia machista

 O noso alumnado de ciclo de administrativo vén de acadar o segundo premio "Nas mans de todos e todas está a escada da violencia frear" outorgado pola Xunta de Galicia.

Parabéns!!!




Borra a violencia machista

 O noso centro ten un novo leimotiv contra a violencia de xénero. Podedes velo nas escaleiras do segundo andar do pavillón A:





luns, novembro 08, 2021

Encontro con El Salvador

 Hoxe foi un día especial no noso centro, porque compartimos o noso tempo coas activistas salvadoreñas Mercy Mulato, Yezli MIC e Queen, nun encontro que propiciou a Asemblea de Cooperación pola Paz. Amosáronnos a dura realidade do Salvador, a falta de Dereitos Humanos que padecen as mulleres e como dende a música se pode chegar á poboación, moita dela analfabeta. 

Para non esquecer