Concurso de podscat realizado en colaboración co equipo de Dinamización e Normalización Lingüística para falar do amor non romántico no 23 de Febreiro.
sábado, febreiro 25, 2023
Declaración poética de amor
venres, febreiro 24, 2023
#RosaliaTe no 2023
Lectura do poema de Rosalía que comeza co verso
-¡Como venden a carne no mercado...
da V parte de "Follas Novas": "Viúvas dos vivos e dos mortos"
Realizado polo alumnado de 4º de ESO A.
¡Pra a Habana!
O alumnado de 4º ESO A organizou a lectura conxunta deste poema que inicia a V parte de "Follas Novas": "Viúvas dos vivos e dos mortos"
#RosaliaTe no 2023
venres, febreiro 17, 2023
mércores, febreiro 15, 2023
luns, febreiro 13, 2023
xoves, febreiro 02, 2023
luns, xaneiro 30, 2023
mércores, xaneiro 25, 2023
Realidade social e violencia de xénero
Por fin, hoxe puidemos escoitar a Miguel Lorente, a quen agardabamos dende o ano pasado. Un forense que coñece a realidade: "Mi marido me pega lo normal".
martes, xaneiro 10, 2023
Golpes
Este martes, a través do Plan Proxecta “365 días de respecto e igualdade”, o alumnado de 2º de ESO tivo a oportunidade de asistir á obra de teatro protagonizada por Estíbaliz Veiga “Golpes” na que, a través da interpretación de diversos roles, a actriz fai un percorrido polos diversos estereotipos de xénero aos que estamos abocadas: no caso das mulleres, a sensibilidade, a sumisión, a vulnerabilidade, a delicadeza... e, no caso dos homes, a dureza, o control, a promiscuidade como logro....
luns, xaneiro 09, 2023
Violencia publicitaria
Vivimos nunha sociedade machista, desigualitaria. Hoxe, 9 de xaneiro, Gela, ao abeiro do Plan Proxecta - “Por 365 días de respecto e igualdade”, achegouse ao IES Laxeiro para explicar ao alumnado de 3º de ESO C cal é a orixe desa desigualdade e que podemos facer para cambiala. Seguimos cos mesmos modelos de homes e mulleres dende hai moitos anos, e isto é contraproducente porque estes modelos xeran desigualdades. Os homes morren por suicidios, por accidentes de tráfico, por consumo de drogas, por practicar deportes de risco e por homicidios, e todas as causas están relacionadas co modelo de home educado para ser guerreiro; pola contra, non son asasinados polo feito de ser homes. Pola contra, as mulleres non son educadas para ser heroínas, de aí que as causas maioritarias das súas mortes non sexan as anteriormente mencionadas.
A linguaxe, a familia, os axentes de comunicación, as amizades, así coma os medios de comunicación, son machistas. Recibimos 3.000 impactos publicitarios cada día, e a maior parte deles son machistas; o sexismo no catálogo de xoguetes, unha campaña do Carrefour polo “Día del niño”, un anuncio publicitario de post-it... Todos eles amosan unha desigualdade absoluta entre homes e mulleres, sendo os primeiros quen ocupan a posición do privilexio.
Unha charla amena e esclarecedora que, esperamos, lle servise ao alumnado para poder reflexionar e analizar o mundo que o rodea como un lugar desigual, no que nin a linguaxe nin un aparentemente non problemático anuncio dun colutorio bucal, nunca é inocente.
martes, decembro 20, 2022
Relacións tóxicas
Rosa, terapeuta ocupacional do Centro e Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia machista de Compostela, achegouse ao IES Laxeiro para falar co alumnado de 4º de ESO das toxicidades que se xeran nas xeracións de parella. Foi unha charla interactiva na que a relatora foi indagando nas opinións do alumnado en relación ao que consideran amor, namorarse, querer... para así chegar a saber o que en realidade debería ser unha relación saudable.
venres, decembro 16, 2022
Mes da ciencia en galego, o resumo
Vídeo que resume un mes da ciencia galega e en galego no noso centro:
luns, decembro 12, 2022
domingo, decembro 04, 2022
Con Pantallas Amigas
O pasado 1 de decembro, Maider, de Pantallas Amigas, veu ata o IES Laxeiro para adentrar o alumnado de 1º de ESO na reflexión e análise da existencia de violencias machistas nas nosas realidades. Como identificar unha relación tóxica e desigualitaria, así como o retrato de diversas situacións machistas no noso día a día, foron o leimotiv dunha xornada esclarecedora que, coidamos, lle servirá ao alumnado para crear conciencia e continuar por ese camiño da non violencia.
Unha actividade encadrada dentro do Plan Proxecta “por 365 días de respecto e igualdade”.
xoves, decembro 01, 2022
Entrega de premios concurso Luís Gustavo
Volvemos a estar co noso Luís. Vaia, el está sempre connosco, témolo nos nosos pensamentos e segue aquí, ese espírito bondadoso que nos asolaga dende que entramos no vestíbulo e ollamos a súa caricatura. Pero onte foi un día especial, porque veu a súa familia, porque Lucía volveu a nos acompañar dende que deixara os pupitres do centro e marchase a seguir o seu brillante futuro, guiado pola súa particular estrela. E foi asemade especial porque entregamos con alegría premios no seu nome, un nome dende xa vinculado á ciencia no noso centro.
A terceira edición estaba dedicada á eficiencia e ao aforro enerxético.
Os/as premiados/as foron:
Algunhas instantáneas do momento:
xoves, novembro 24, 2022
O noso 25 N (VII)
Este 25 N apostamos asemade polo respecto á diversidade, pola ledicia da cor e pola variedade. O noso alumnado dirixido polo profesorado de música realizou unha versión de "Panos corados" das Tanxugueiras, xunto cunha coreografía que acompaña:
O noso 25 N (V)
Performance realizada polas alumnado de 1º de Bacharelato de Literatura Universal do IES Laxeiro, sobre a canción de Aitana "Ni una más" co gallo da conmemoración do Día pola eliminación da violencia de xénero, o 25 de novembro do 2022
mércores, novembro 23, 2022
O noso 25 N (IV)
Performance realizada polo alumnado de 2º da ESO da materia de Igualdade do IES Laxeiro, sobre o poema de Catarine Hancock, "this is how they kill us": Así nos matan.
O noso 25 N (III)
Teatro de sombras que amosa unha relación tóxica ideado e realizado polo alumnado que forma parte do club de lectura de igualdade de 4º de ESO do IES Laxeiro.
O noso 25 N (II)
:
O noso 25 N
Comezamos coa conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero.
O alumando de 2º PMAR e 3º DIVER realizaron este cartel xunto ás súas profas Edita e Cristina:
Este é o vinilo que colocaremos na cristaleira do edificio B:
Foto realizada polo alumnado do Ciclo de Acondicionamento Físico:
martes, novembro 15, 2022
Lo de aquella noche
Outra curta para traballar nas titorías:
Este vídeo tedes que velo en Youtube porque está restrinxido para maiores de 12 anos.
Unha de cada catro mulleres sofre agresións sexuais por parte das súas parellas. Pero este tipo de violencia sexual segue a estar baixo a superficie.
CUESTIÓNS PARA REFLEXIONAR NA AULA:
- Empeoran as redes sociais a comunicación entre a parella? OLLO Á NON XUSTIFICACIÓN
- Credes que é necesario verbalizar os nosos pensamentos para que non haxa malentendidos? É dicir, interpretamos roles de conduta aínda que non nos representen?
- O protagonista autoconvéncese de que ela non é sincera precisamente pola falta de confianza. É a versión celosa do individuo o que o leva ao seu comportamento. Por que?





























