martes, novembro 15, 2022

Lo de aquella noche

   Outra curta para traballar nas titorías:

 Este vídeo tedes que velo en Youtube porque está restrinxido para maiores de 12 anos.

Unha de cada catro mulleres sofre agresións sexuais por parte das súas parellas. Pero este tipo de violencia sexual segue a estar baixo a superficie.





 

CUESTIÓNS PARA REFLEXIONAR NA AULA:

- Empeoran as redes sociais a comunicación entre a parella? OLLO Á NON XUSTIFICACIÓN

- Credes que é necesario verbalizar os nosos pensamentos para que non haxa malentendidos? É dicir, interpretamos roles de conduta aínda que non nos representen?

-  O protagonista autoconvéncese de que ela non é sincera precisamente pola falta de confianza. É a versión celosa do individuo o que o leva ao seu comportamento. Por que?

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario