sábado, decembro 06, 2014

O Parlamento nas súas voces




 O día 1 de decembro, polo tarde o alumnado de 3º de ESO participou nunha Charla-coloquio, organizada polo Departamento de CCSS, sobre o Parlamento de Galicia.
Dita Institución xunto a Asociación de Exparlamentarios galegos levan a cabo esta labor de divulgación das funcións do parlamento autonómico, a súa labor, e os seus órganos.  Contouse ca presenza  de tres exparlamentarios que representaban as tres forzas do Parlamento galego. Polo Partido Popular, estivo Ascensión Yeguas Sánchez, Luís María Tojo Ramallo polo PSdeG e Xesús Veiga Buxán polo BNG.
Tras a presentación, e a visión dun video sobre o Parlamento, os exparlamentarios expuxeron a súa visión da vida parlamentaria. Posteriormente o alumnado participou activamente facéndolle  preguntas os exparlamentarios. O interés do alumnado era sobre todo pola corrupción política, destacando na súas preguntas os casos máis famosos de fraude fiscal e os máis televisivos, demostrando que o alumnado sí mostra certa inquietude por este tema, que considera xeneralizado e que os exparlamentarios esforzáronse en rebatir tal idea.
            En xeral a valoración da Actividade por parte do Departamento de Ciencias Sociais é positiva pois acerca aos políticos a realidade social e educativa.

María Soledad Milmanda Cajaraville

Ningún comentario:

Publicar un comentario