mércores, febreiro 03, 2016

Con Pedro Feijoo

Hoxe, Pedro Feijoo estivo co alumnado de 4º de ESO. 
E pensaredes: porque estes leron un libro seu.
E... vano ler, aínda non o leron.
Así que en realidade, Pedro Feijoo sufriu hoxe unha encerrona. Chegou para falar do seu libro Os fillos do mar e topouse coa profesora que lle dicía "non podes falar do libro". 
E Pedro Feijoo tivo que improvisar.
Non houbo ningún problema.

El estaba aquí porque estamos mergullados no trimestre negro. Xa o sabedes, porque todo o alumnado está a ler libros desta temática. Pero un cúmulo de circunstancias fixeron que viñese antes do previsto e só, non a unha mesa sobre a novela negra que estamos a preparar.
Así que Pedro falou. E falou de como se xestou e se xesta a súa literatura, de como encher un espazo baleiro na Literatua Galega: a dos best-seller. Ese tipo de lectura que prima a diversión antes que a boa escritura. E falou de cine, de asasinatos, de libros, de miles de referentes que o alumnado descoñecía e que foi aprendendo nunha charla tan amena que os tivo pendentes todo o tempo. 
Hai alumnas que leron A memoria da choiva e tamén falou dese libro.
E é que o tempo voou escoitándoo.




Unha vez máis, a prensa faise eco da nova:



Ningún comentario:

Publicar un comentario