luns, febreiro 01, 2016

Novela negra francesa




Como todas e todos sabedes, dende a biblioteca do instituto estamos a promover a lectura de novela negra, realizando diversas exposicións e actividades. Esta semana é o turno da novela negra francesa. Tedes no vestíbulo da biblioteca, do lado esquerdo, unha exposición de libros en galego, francés e español destes autores e autoras cunha breve introdución. 
Quremos dar as grazas a Norma, profesora do IES Pintor Colmeiro, por enviarnos o seu traballo, que de tanto nos ten servido nesta parte do traballo.
Fixemos asemade unha liña do tempo, que podedes ver aquí (para ampliar información, premede en cada un dos puntiños).




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario