venres, marzo 11, 2016

Con María López Sández





A charla versou sobre o libro "O faro escuro", como esta noveliña foi publicada por entregas nos relatos de verán de La Voz de Galicia, o que explica que os capítulos sexan tan curtos. Dixo que este formato era novidade para ela e tivo que facer un esforzo de adaptación. Tamén explicou por que un dos capítulos é máis longo que os demais e que obedece a unha ampliación que fixo despois de coñecer o faro da illa de Sálvora.
Relatounos que a fareira de Sálvora, irmá de Ángel Carracedo, é a autora da acuarela que ilustra a portada do libro.
Igualmente explicounos como concibiu os personaxes e o por que somete a algúns deles a ese momento crítico en que deben tomar unha decisión transcendental e que non sempre actúan movidos por motivos racionais e resolven as situacións de maneira instintiva, o que di que a ela mesma lle ten sucedido repetidas veces.
Finalemnte mativo un coloquio de dez minutos cos alumnos que lle plantearon varias preguntas moi sinxelas.





Ningún comentario:

Publicar un comentario