luns, marzo 07, 2016

ENTREGA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

O venres 4 de marzo tivo lugar a entrega dos premios extraordinarios da ESO correspondentes ao alumnado que rematou no 2014-15 a ESO. O noso centro conta con 2 alumnas premiadas: Sonia Varela García e Meryem Zerguit.
A ceremonia tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, onde outros 38 alumnos/as de toda Galicia, recolleron os diplomas de mans de diversas autoridades: o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, o conselleiro de educación Román Rodríguez González, do director xeral de educación Manuel Corredoira López e do director do noso centro Uxío Grande Sierra.
Estas alumnas forman parte dun listado de anteriores alumnos/as do noso centro, que tamén foron premiados:
2009-10 José Luis Peña
2010-11 Aurora Peña e Xiana Rielo
2011-12 Sandra Rodríguez
2012-13 Mª José Sanmartín, Mª José González ,Rubén Carballude e Andrés Machado
2013-14 Jesús Angel Taín
Para tod@s un agarimoso saúde. 
Deixámosvos algunhas fotos para que vexades como foi.




Ningún comentario:

Publicar un comentario