Adrián Mato traballou a figura de Emmy Noether:
Emmy Noether naceu en 1882 en Alemaña. Foi una matemática coñecida polas súas contribucións principalmente nos campos da física teórica e a álxebra abstracta. Naceu no seo dunha familia xudía e o seu pai tamén matemático foi o que a animou a entrar na Universidade na que el traballaba a estudar matemáticas e física. Tras presentar a súa tese comezou a traballar no Instituto Matemático de Erlangen onde traballou 7 anos sen cobrar dado que era muller, tras este período foi invitada a unirse o departamento de matemáticas mais tivo que dar clase no nome dun dos profesores pois era unha muller. Alí foi onde se fixo unha matemática e física recoñecida mais dada a súa condición de xudía, coa chegada dos nazis tivo que exiliarse a Estado Unidos. Unha vez alí sufriu unha operación por un quiste de ovarios da que non puido saír. Emmy falece en 1935 aos 53 anos de idade.

Moita xente asegura que Emmy e a única
muller cuxo nome pode atoparse ao follear textos clásicos de física ou
matemáticas a carón de Gauss ou Einstein. De feito a magnitude da súa influencia
pode ser igualada por moi poucos matemáticos do século XX. Unha das súas mais
importantes fazañas foi a de dotar dunha base matemática sólida a teoría da
relatividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario