Manolo Rivas tamén foi espectador, non só protagonista, o día da súa visita ao noso centro. Puido gozar coa transformación do seu libro Bala perdida en Kamishibai, algo que el non coñecía, así que o noso orgullo foi dobre!!!
Ademais, vimos como no seu Twitter falaba precisamente desta actividade.
Presentación a modo de contiño da obra Bala perdida do escritor Manolo Rivas
Todo comeza a bordo do Zaratrustra con Herr Doktor ao temón, cando aparece utro barco na sombra disposto a facerse cos mandos do Zaratustra.
A pesar dos intentos de Herr Doktor por evitalo, finalmente o barco misterioso consegue facerse co seu obxectivo, e Herr Doktor promete vinganza.
Mentres inspeccionan a nave, descobre uns anacos de madeiro que agochaban un tesouro maldito: o ouro nazi!
Ao mesmo tempo, noutra parte da cidade de Atlán, na redacción do xornal "Celtic News", traballa a xerente Rosa, tamén coñecida como "Ganso Salvaxe".
Aparecereon uns estraños personaxes preguntando por ela. Dixéronlle que tiñan que levala a bordo do Barco "Liberdade", capitaneado por Bala Perdida.
Ela aceptou, dubitativa, dado que ese pirata era coñecido por ter comido a súa propia perna.
Ao chegar ao barco recibírona cunha copiosa cea de benvida, tras a cal organizouse unha gran festa. Inesperadamente, espertou escoitando de fondo unha canción moi coñecida para ela: "NON HAI NADA, PAI, COMO DOCE COLO DA NAI, TODO FOI A PIQUE, TODO O GASTEI, BAILANDO NA CASA DE MARY STAND BY.
Ao día seguinte navegaron ata unha misteriosa cova, que escondía un tesouro que permanecera agochado baixo o chan durante moito tempo. Ese tesouro eran uns lingotes de ouro co símbolo nazi. Bala Perdida explicoulle que o ouro estaba feito maioritariamente dos dentes de ouro dos prisioneiros do campo de concentración e pediulle que escribise un artigo no que, en forma de conto, puxera unha mensaxe para o congreso mundial.
Herr Doktor, realizando a vinganza prometida, secuestrou a Rosa nun manicomio chamdao "O salgueiro tranquilo". Alí tíñana retida sen comer e coa única compaña dunha muller con perruca. Rosa enganouna dicindo que coñecía unha empresa de crecepelos e, dándolle o enderezo do "Celtic News" deixoulle unha mensaxe para que a viran os seus compañeiros.
Finalmente, coa axuda de Bala Perdida e os demais piratas consegue fuxir.
Unha vez fóra do manicomio, Bala Perdida, díxolle a Rai que levara a Rosa á cidade xa que eles tiñan que marchar canto antes. Bala Perdida mirou a Ros e ela deuse conta de que tamén chovía no seu corazón, Rosa só quería abrazalo e dicirlle: "Tío Isaac, dime que es ti". Pero comprendeu que non debía facer iso. Cando ían na furgoneta Rai mirouna cun sorriso e Rosa bicou os seus beizos, decidida.
Despois, durante unha semana o "Celtic News" volveu ao seu ritmo normal. Un homiño baixiño chegou ao xornal; tiña aspecto inofensivo, preguntaba por Ganso Salvaxe e díxolle que el e os seus amigos se facían chamar: o congreso mundial.
Rosa con orgullo pensou para si mesma: MISIÓN CUMPRIDA!!!
Moitas grazas a todas e a todos pola vosa atención. Esperamos que fose do voso agrado e... Moitas grazas ao autor orixinal por acompañarnos no día de hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario