venres, abril 13, 2018

Regueifando

Se hai un par de meses foi o alumnado de 3º de ESO quen tivo a oportunidade de achegarse ao mundo das regueifas, agora foi o de 2º de ESO quen se achegou á Casa da Cultura para comezar a entender un pouco máis algo tan propio da nosa cultura. E así hoxe, venres, fomo alá. Dúas horas intensas!
O obradoiro foi impartido por Bieito e Kiko. Comezaron a sesión cun saúdo regueifeiro mostrando as súas dotes de improvisación. Deixámosvos un fragmento para que o xulgades vós mesmas.

Ademais de explicarnos a orixe, o significado e os diversos tipos de regueifas existentes, tanto en Galiza como no resto do mundo, gozamos dunha actividade de creación e composición de regueifas por parte da rapazada. Deixámosvos algún exemplo do resultado final das regueifas de 4 esfrofas feitas polo alumnado.










Ningún comentario:

Publicar un comentario