martes, abril 10, 2018

Obradoiro de igualdade

O pasado luns veu falar connosco unha muller feminista que loita pola igualdade e por dar visibilidade ao colectivo LGTBI, que a sociedade "perfecta" non quere aceptar.
Comezou desterrando os estereotipos que a sociedade desde moi pequenos nos impón e que seguen presentes o resto da nosa vida. Grazas a ela descubrimos que, aínda que non queiramos, adormecen no noso subconsciente e debemos loitar con todas as nosas forzas para arrincar as súas raíces e plantar no seu lugar a semente da tolerancia e o respecto.
Fíxonos reflexionar para poñer o noso gran de area e conseguir un mundo máis igualitario e diverso.
Grazas á Asemblea de Cooperación pola Paz por estar sempre dispostas a nos axudar no camiño da Igualdade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario