Comezamos onte con música, cunha montaxe con perspectiva de xénero que aborda as mensaxes de cancións que son en realidade mensaxes machistas ou violentas agochadas en forma de amor.
O mes de novembro estará dirixido a concienciar a todo o alumnado o instituto contra unha lacra que ten o cume na morte pero que comeza cunha soa palabra, cun só xesto. Serán moitas e variadas. Por iso, onte, o alumnado de 2º e de 3º de ESO acudiu ao auditorio da vila para entender como moitas das cancións que tararean habitualmente non son nin sequera aceptables. Un espectáculo a cargo de Chevere, un proxecto pedagóxico musical que baixo o título "I 'll be watching you" ("Hei estar vixiándote") analiza cancións como "¿Dónde está el amor?" de Pablo Alborán, "Mala mujer" de Ctangana, "No soy una de esas" de Jessy&Joy e Alejandro Sanz ou "4 babie" de Maluma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario