Este
curso no IES Laxeiro estamos intentando facer máis visible a
ciencia, participamos na semana STEM (25 alumnas e alumnos de 1ºESO),
e foinos concedido o club de ciencia pola consellaría, polo que
chegadas estas datas pensamos que a decoración tamén tiña que
facer visible este aspecto.
Inspirándonos
en que moitos laboratorios usan o seu propio material para decorar e
acordándonos que o día da Ciencia en galego , que celebramos o 6 de
novembro, a práctica de medición do pH, feita por alumnado de
4ºESO, quedara moi vistosa, desenvolvemos a idea de facer unha árbore
de Nadal usando os balóns do laboratorio e os resultados da práctica
de ciencias de medición do pH cun indicador natural.
Alumnado
de 2ºbacharelato de ciencias fixo a práctica
:
Medición
de pH usando
COL LOMBARDA
que
consiste en:
1º
- Preparar o estrato de lombarda, cortando e fervendo a col e
filtrando o líquido obtido, que será o que funciona como indicador.
2º
– Estudar como este indicador natural se comporta ao enfrontalo a
diferentes substancias, xa que ao engadilo a elas estas toman
diferentes cores en función do seu pH
Tamén
se fixeron algúns balóns usando indicadores de pH químicos, como o
verde metilo,
no laboratorio de física e química.
ÁCIDO
|
NEUTRO
|
BÁSICO
|
||
Zume
de limón
|
Vinagre
|
Auga
destilada
|
Bicarbonato
Sódico
|
Amoníaco
|
Vermello
|
Rosa-Vermello
|
Violeta-Craro
|
Azul-Verde
|
Verde
|
Para
darlle un pouco de decoración de natividade coroouse a árbore cunha
estrela feita coa técnica da papiroflexia, decoramos a mesa cun
papel vermello cheo de notacións das diferentes ciencias:
matemáticas, física, química orgánica,... e ao fondo escribimos a
descrición da práctica para que o alumnado poida ver que esas cores
son resultado dun experimento científico feito no noso laboratorio.
Quixemos
tamén, felicitar as festas usando elementos químicos da táboa
periódica, gardando o rigor ao elixir as cores para cada grupo de
elementos.
Fe
Li Ce S Fe S Ta S I Es La Xe I Rh O
O
obxectivo principal desta decoración é facerlle ver ao alumnado que
a ciencia está presente no noso entorno e que aínda que ten unha
parte árida no seu estudo, tamén ten unha parte divertida e
atrainte que compensa o esforzo.
O
profesorado que participou nesta actividade é dos distintos
departamentos, Bioloxía, Física e Química, Tecnoloxía e
Matemáticas, equipo da Biblioteca, xunto con moitas ideas aportadas por outros profesores
que puxeron o seu grao de area axudando a colocar ou valorando o
traballo feito,
GRAZAS A
TODAS E TODOS.
E saímos na prensa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario