luns, decembro 10, 2018

SEMANA STEM

SEMANA STEM
Science, Technology, Engineering and Mathematics
(ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas)

O IES Laxeiro foi un dos poucos centros de secundaria da provincia de Pontevedra ao que lle foi concedida a Semana STEM, pola Consellería de Educación.
Na segunda semana do mes de Decembro o noso alumnado de 1º ESO, disfrutou dunha semana chea de ciencia, na que cada día tocaban unha rama diferente dela.
O proxecto desta semana xiraba entorno a unha ficticia misión ao planeta Marte, e o programa feito polo alumnado foi:
Día 1 de adestramento espacial: TERRAFORMACIÓN: fabricación dun miscroscopio e recollida de mostras. Construcción dun habitat espacial con material de refugallo.
Día 2 de adestramento espacial: IMPRESIÓN 3D: deseño de foguetes e elaboración de traxes espaciais.
Día 3 de adestramento espacial: ELECTRÓNICA: elaboración de circuítos e soldadura.
Día 4 de adestramento espacial: ROBÓTICA: montaxe e programación dun robot.
Día 5: XINCANA FINAL: Recoñecemento médico, construción dun habitat, lanzamento de foguetes, exploración co rover e simulación de voo espacial.

Ao volver dunha semana tan diferente as rapazas e rapaces viñan cheos de enerxía e de gañas de seguir descubrindo as diferentes áreas da ciencia, porque neses poucos días viron abrirse moitas portas descoñecidas para eles.
Foi moi gratificante falar con rapazas que me contaban, cos ollos cheos de brillo, o que lles gustara soldar compoñentes electrónicos, ou como entre varios rapaces e rapazas foran capaces de armar un pequeno robot e programalo. Outros contáronme como planificaron e logo imprimiron obxectos na impresora 3D, e outros a bonita experenza de fabricar o seu propio microscopio electrónico.

Pero non todo foi ciencia, tamén foi convivenza entre eles e con un grupo de alumnado de Malpica, cos que entablaron lazos de amizade que seguro que perduran no tempo. Todo o día estaba cheo de actividades lúdicas e formativas cargadas de contidos trasversais que lles axudaron a integrarse nun ambiente moi diferente ao que viven na aula día a día.
Ver ao alumnado contento polo vivido e con unhas gañas inmensas de compartir o aprendido cos seus compañeiros e compañeiras, fainos ver que as veces temos que sair fora da aula para abrirnos ao mundo e acercarllo a súa vez a aula.
Grazas a Consellería por programar esta actividade tan diferente e interesante e grazas as monitoras e monitores que conviviron cos rapaces porque os fixeron sentir como unha familia durante toda a semana STEM.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario