xoves, abril 04, 2019

#ViolenciaZero

Dentro da programación Mulleres en Acción: Violencia Zero da Deputación de Pontevedra, asistimos a unha performance no Concello de Lalín


O Programa Mulleres en Acción: Violencia Zero da Deputación de Pontevedra, que nace para apoiar e visibilizar as nosas creadoras galegas, poñendo o foco sobre a tremenda lacra da violencia machista que azouta cada día a nosa sociedade.
Na súa 4.ª edición, comprende un total de 25 novas accións participativas ao longo dos 12 meses do ano, en 25 concellos da provinciaperformance (Nieves Correa, Luz Darriba, María Vallina, Silvia Antolín, Teresa Búa e Concha Mayordomo), poesía (Iolanda Zúñiga e Estíbaliz Espinosa), música (Rendi Nue, Sara de Sousa, Alba María e Lupe Blanco, Femininoplural e Konafro), graffiti (Doa Oa, Iria Fafián, Lidia Cao e Vanesa Álvarez), danza contemporánea (María Move, Nuria Sotelo e Marta Alonso) e acción escénica (Helen Bertels, Diana Mera, Carmen Conde, Marta Pérez e Cristina Balboa). Todo un ano visibilizando esta realidade, en contacto e colaboración coa mocidade, co alumnado de centros escolares, asociacións de mulleres, colectivos diversos, corporacións municipais e toda a variedade de públicos que se pode concentrar nun determinado espazo, nunha praza, nunha rúa, nun lugar de tránsito. E a través do empoderamento da muller no eido cultural e artístico.
Un programa cheo de reivindicación e talento na que a protagonista é a participación colectiva. Trátase dunha experiencia artística compartida na que o público, e sobre todo a mocidade, formará parte activa das obras xunto ás creadoras e tomará posición crítica (e artística) nesta loita contra a violencia machista, nese "sentir para facer sentir", nese "reflexionar para facer reflexionar".


    TÍTULO ACCIÓN ESCÉNICA: SOFÍA
    INTERPRETACIÓN: MARTA PÉREZ
    DATA: XOVES 4 DE ABRIL ás 12:00 h.
    LUGAR: VESTÍBULO DO CONCELLO DE LALÍN



29 comentarios:

  1. Esta obra gustoume moito porque trataba o tema do feminismo. A parte que máis me gustou foi cando ela nos miraba con cara de culpables mentres facía preguntas moi persoales.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas María. Lembra o plural das palabras rematadas en -l: PERSOAL - PERSOAIS

      Eliminar
  2. A obra pareceume moi interesante e enxeñosa. Encantoume cando a actriz nos miraba poñendonos nerviosos e facendo que nos metesemos na pel das vítimas. Obras como estas son as que se necesitan para que a nova xeración de persoas, como son eu e os meus compañeiros, non cometamos estes erros, e poder erradicar a violencia de xénero. #violenciaZERO

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Arón. Lembra as faltas de ortografía: "poñéndonos", "metésemos" con til.

      Eliminar
  3. Claudia Mein Garcíaluns, maio 06, 2019

    Esta obra pareceume, a parte de bonita e moi ben feita, necesaria. Isto é o que está pasando na realidades, están morrendo e sendo maltratadas moitas mulleres.
    A actriz fíxoo mío ben, sentin o medo das víctimas, o medo a que te maten.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. "sentín" leva til. "Vítimas" non leva "c" ante do "t".

      Eliminar
  4. A obra pareceume moi interesante e educativa.Como desde a antigüidade a xente era moi machista.É un tema do que se debe tratar e pareceume unha boa obra de teatro ata con exemplos de vítimas, sínteste na sua pel e como deberian estar elas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. "súa" e "deberían" levan til. Grazas, Iván.

      Eliminar
  5. Nuria Couto Gonzálezluns, maio 06, 2019

    Esta obra pareceume moi interesante e moi bonita,sobretodo porque fala sobre o feminismo.
    A actriz fixonos estar moi nerviosos e tristes,porque sobre todo a min pareciame que me estaba pasando eso a min,sobre todo porque miraba para nos como se nos fosemos os que fixéramos algo.
    A min esta obra gustoume,asique recomendaríavos que o forades ver. #violenciaZERO

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. "fíxonos", "parecíame", "nós", "fósemos", 2así" : levan til.
      "iso": neutro.
      Non se repite tantas veces as mesmas palabras nin expresións, como fas con "sobre todo".
      "así que" é separado.

      Eliminar
  6. Esta obra pareceume moi bonita e ademais moi necesaria,porque por desgracia o que a actriz nos mostrou é o que está a ocorrer na realidade.Ela fixoo moi ben e gustoume moito.Foi unha das mellores actuacións que fumos ver.

    ResponderEliminar
  7. Nuria Lamazares Fernándezluns, maio 06, 2019

    Esta obra pareceume moi interesante ademais de necesaria.A actriz fixo moi ben xa que me transmiteu o medo que senten as mulleres.Ademais obras coma esta son moi necesarias para asì poder erradicar as accións machistas dende pequenos.#violenciaZERO

    ResponderEliminar
  8. Olivia Rodríguezluns, maio 06, 2019

    Esta obra pareceume moi necesaria e útil;xa que a actriz fíxoo moi ben,transmitiu todo o medo e a angustia que senten as mulleres tanto nos xuízos como cando camiñan pola rúa.Eu creo que todos os presentes reflexionaron un pouco sobre a igualdade que merecemos #ViolenciaZero

    ResponderEliminar
  9. Sen dúbida esta é unha das actividades do instituto que máis me gustou. Ademais de que a actriz era marabillosa o xeito no que nos fixo ver as cousas foi moi claro. Páreceme inxusto que hoxe en día aínda faga falla decir que este tipo de representacións son necesarias pero, por desgraza,séguese minusvalorando as mulleres polo feito de selo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Lucía. Grazas polo comentario, tenta facelo novamente co teu nome.
      Despois de "marabillosa" deberías poñer unha coma.
      "paréceme": tiñas o til mal posto
      "dicir"

      Eliminar
  10. A interpretación reflexa a triste realidade que sofren homes e mulleres vítimas da violencia. É un problema que nos afecta a todos e todas e non podemos pechar os ollos. Este tipo de menxases,representacións,obras de teatro etc... deberían ser impartidos dende pequenos e tomar conciencia.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Paula Peiteado.
      Non é "reflexa", senón "reflicte"
      A primeira frase que escribes non queda clara: quen sofre a violencia de xénero son as mulleres, non os homes. Non o esquezas.

      Eliminar
  11. A interpretación reflexa o que pasa no mundo, que por triste que sexa, que nestes tempos que pasan non hai igualdade entre homes e mulleres.E deberíanse facer mais actividades destas para que desde pequenos, os nenos e nenas aprendan que de mayores teñen que ter os mesmos dereitos.Un saúdo

    ResponderEliminar
  12. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  13. Esta obra pareceume moi interesante, educativa e sobre todo realista, pois está moi ben elaborada e fai que non poñamos no seu lugar, no lugar de centos e centos de mulleres ás que lles chegan a votar a culpa de que as violen, mentres que aos verdadeiros culpables os deixan libres.

    ResponderEliminar
  14. Efrén Lorenzo Pérezluns, maio 06, 2019

    A violencia machista é un tema que está presente no día a día aínda que nós non queiramos. Esta obra facendo relación a ese tema tan importante e que non podemos deixalo pasar por alto reflicte o que están a vivir moitas das mulleres hoxe en día, cousa que non debería existir. A obra paréceme interesante e moi necesaria,non só para os rapaces senón para todo o mundo, xa que temos que conseguir que isto non volva ocorrer.

    ResponderEliminar
  15. Claudia Ferradás Sánchezluns, maio 06, 2019

    Esta obra titulada "Mulleres en Acción" gustoume moito. Pareceume moi interesante a maneira en que estaba contada a historia e paréceme que a actriz, Marta López, fixo un traballo marabilloso. Pois ás veces, cando nos miraba, facíame meter na pel das vítimas e sentir o seu medo e desacougo.
    Sinceiramente, dame un pouco de vergoña pensar que aínda na actualidade obras como esta sexan tan necesarias para saber que tanto mulleres coma homes temos os mesmos dereitos e que ningún sexo está por riba doutro.

    ResponderEliminar
  16. Alejandra Condeluns, maio 06, 2019

    Esta é unha obra que me encantou. Fai referencia o que sofren moitas de nós,esa loita contra a violencia de xénero. A actriz conseguiu reflexar os sentimentos das víctimas perfectamente e esas inxustizas, como que nos chamen culpables só polo feito de que ao vestir con roupa curta, eles pensen que nos estamos insinuando. Esta é unha mensaxe que debería chegar a todo o mundo, e a reflexionar sobre el, porque é moi triste que en pleno século XXI sigan pasando estas inxustizas.

    ResponderEliminar
  17. A min pareceume que a presentación en si mesma estaba moi ben feita,dende a introdución ata á hora de representalo.Unha función moi ben realizada que espero e desexo que serva para que a xente alí presente,reflexionara e saíse cunha nova maneira de pensar.
    A min gustaríame dicir que foi unha das mellores obras de teatro ás que asistín

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas Roqueiro.
      "ata a hora de.." : sen til.
      "sirva", non é "serva".

      Eliminar
  18. Inculcar que a violencia de xenero non pode existir e algo pouco doado, xa que con palabras tan so e dcilo, pero facernos sentir todo o que esta muller fixo é mais complicado. Por un momento puxemonos na pel da muller e sentimos ese nerviosismo que calquera muller pode sentir. Esta obra e moi necesaria para nenas e nenos coma nos, polo feito de que temos que nos dar conta de ¿que esta pasando no presente? para así cambiar o futuro. As mulleres non somos princesas de ningun principie, e moito menos somos de alguien. Esta obra fixo que me estremecera e reflexionara, porque se non estamos todos nesta loita, non serve de nada.

    ResponderEliminar
  19. Grazas, Paula Caramés.
    "xénero" "é", "só" "puxémonos" "nós" "está" "ningún" "príncipe" "alguén": ollos aos tiles!

    ResponderEliminar
  20. Esta obra foi moi interesante e tamen moi necesaria.Todos cando fumos vela sabiamos perfectamente que era unha creación, pero esto está pasando hoxe en día. Cando a actriz empezou a facer as preguntas sentin presión, como si me estuveran interrogando amín. Grazas por facer que esta obra chegara ata nós.#violenciaZero

    ResponderEliminar