domingo, novembro 06, 2022

Libros falangueiros (I)

 Comezamos unha nova sección de recomendacións literarias. Non é un booktuber, aínda que se lle asemella. Trátase da presentación na aula do libro e a súa recomendación.

Laura Regadío, de 1º de bacharelato B, recomenda "A cea" de Herman Koch, libro publicado pola editorial GalaxiaE faino así de ben!:



Este é o guión que preparou:

Escena: facer como que estou a cear, con lanterna apuntando

Un feito cotiá, isto de sentar nunha mesa, xa cando o sol vai dicindo adeus e os bramidos das nosas barrigas comezan a sinalar a presente fame. A cea é un acto rutineiro, que repetimos día si e día tamén, debido ás nosas necesidades fisiolóxicas. Pero coma sempre, o homo sapiens necesita exaltar a súa gran capacidade de relación, facendo desta comida do día un acto social e íntimo. Por elo afrontamos o sentar ante unha mesa como algo piadoso, aínda que a última cea nos demostrara o contrario. E que malia rodeado de apóstolos bondadosos, os pecados da traizón e do medo poden facer acto de presencia cun prato diante.  Herman Koch é coñecedor disto e tómao como inspiración para estruturar e por escenario a unha reflexión totalmente allea o concepto.  Bos Días, eu son Laura Regadío e hoxe conversarei sobre esta novela, un tanto provocadora, que trata en primeira persoa o tema da conciencia ou mellor dito, o asunto da conciencia.

Herman Koch é recoñecido coma un dos escritores máis relevantes nados na Holando dos anos oitenta. Pero tamén podémolo ver destacar no ámbito da cinematografía e as columnas xornalísticas. A nivel literario, publica en 1985 a súa colección de relatos De Voorbihganger, sendo esta a súa primeira obra. Percorrerá o seu traxecto ata 2009, cando será coroado como escritor coa novela presente, que foi  recoñecida como o mellor libro dese ano na rexión neerlandesa.

Estes eloxios responden ante unha trama que nace dunha noticia que nos chega de preto. En 2005, tres mozos de familias adiñeiradas, un deles menor de idade, deciden saír de festa. Polo de agora todo normal, que persoa de menos de 25 anos non desfruta dun pouco de esmorga! Todo cambia cando, tras unha copas e moitas risas, de paseo polo barrio de Sant Gervasi, estes homes se decatan da presenza dunha figura nun dos caixeiros da zona. Esta correspondíase co corpo de Rosario Endrinal, una muller que gozara dunha estabilidade económica no pasado, mais na actualidade se atopaba durmindo na rúa. Os rapaces deciden mofarse dela, tirándolle todo tipos de obxectos, antes de pulverizala cun bidón de disolvente, e posteriormente, queimala viva ao lanzar un cigarro. Esta tiña 50 anos cando ocorreu. A historia  da súa morte faise oco na prensa do momento, afectando na conciencia da opinión público, gracias as cámaras de vixilancia do caixeiro que captaron esta barbarie.

Esta historia, que mesmo semella da propia ficción, chega a Herman Koch durante unha cea coa familia española da súa muller. Aquí é cando pon os cimentos da súa novela, tanto a nivel estrutural, dividindo o libro en aperitivo, primeiro e segundo prato, sobremesa, cafés e licores e propina; e argumental.

Herman Koch reúne Na Cea a dous matrimonios en torno a mesa dun refinado  restarante. A historia é contada dende o punto de vista de Paul Lohman, un exprofesor  cunha visión particular do mundo; e que non soporta o seu irmán, un político de éxito   presente tamén na reunión. Ambos teñen un asunto importante que tratar: a felicidade futura, a de todos; unha felicidade que, certamente, non necesita testemuñas e que está a pendurar dos seus fillos.

O que comeza sendo unha presentación aceda duns burgueses adiñeirados ceando nun restaurante de luxo convértese, segundo avanzan os pratos, nun retrato moi escuro da moral e os valores destes cidadáns correntes postos ante unha situación excepcional: os seus fillos cometeron un crime execrable, un crime que, por outra banda e segundo sinala unha das súas nais: frase 1

 O desenvolvemento dos acontecementos permitiranos comprobar ata onde están dispostos a chegar uns e outros polo que consideran o ben dos seus fillos.

Paréceme moi interesante analizar a figura do narrador, é dicir, Paul: un personaxe crítico, que se nos presenta bastante humorístico e achegado cando o comezamos a coñecer. Isto débese a súa posición moral nos diferentes temas que saen a relucir durante a cea. A invalidación da muller apelando sempre as súas fases fértiles, como a menopausa, a hipocrisía política, o absurdo da superioridade do refinado ou a adopción como algo totalmente desprazado da empatía polo próximo, simplemente unha forma de gratificación propia, de falsa xenerosidade, que nutre a boa figura do  político neerlandés.

Pero esta proximidade, esfúmase cando coñecemos cousas del que nos levan a reformularnos todo aquilo que íamos dando por bo, fiándonos da súa narración. Herman Koch explota este recurso narrativo con brillantez. Paul, o seu protagonista, xa non é alguén co que resulte fácil identificarse, pero iso só faille máis interesante. Para exemplificar isto, vou recorrer a un parágrafo do libro.frase.2

Neste mundo viven os protagonistas desta novela, un mundo no que todo rastro de inocencia parece desterrado e no que o máis tolo pode acabar sendo o que aínda cre que hai uns valores de conduta máis aló do oportunismo do momento. Estamos, ante todo, ante unha novela que relata a sociedade actual occidental, pero tamén critica o modelo de crianza desta, composto polo adoutrinamento pasivo e protección insostible paternal.

No fin de contas, A cea de Herman Kovh é unha novela brillante, que se lee dunha pasada pola súa magnifica proposta narrativa, sustentada nun protagonista que é unha caixa de sorpresas e na entidade dramática do tema central. Canto máis tola vólvese a súa trama, máis lucido resulta a súa formulación. O mellorable, sen dúbida, a sobremesa, que a máis dun pódeselle atragoar…

Ningún comentario:

Publicar un comentario