martes, xuño 16, 2015

No verán, lemos en galego

Que pensabades, que iades marchar de vacacións sen as nosas recomendacións de lectura? Imposible! Non só queremos que leades, e moito, senón que queremos que o fagades na nosa lingua. A boa Literatura galega e as boas traducións permítennos asegurarvos un verán cheo de soños, poesía e ilustración. Para todas as idades e para todos os gustos. Porque a poesía non se le só unha vez ao ano celebrando o Día da poesía, porque a fantasía non ten estacións -pero si sagas-, nin a banda deseñada ten un tempo determinado: o verán permítenos ollar o mar, o horizonte, e os soños... cun libro na man. En galego.

Esta guía é un traballo colaborativo entre dúas bibliotecas e dous ENDL de dous centros que distan uns 35 Km de distancia pero que están moito máis preto do que semella: O  IES Chano Piñeiro e IES Laxeiro xuntan forzas lectoras e lingüísticas para vos ofrecer unha guía despregabre que convida á lectura no tempo de lecer máis caloroso.


LEMOS NO VERÁN. LEMOS EN GALEGO
LEMOS NO VERÁN. LEMOS EN GALEGO

INSTRUCIÓNS


Descarga directa

GUÍA EN ISSUU





Ningún comentario:

Publicar un comentario