E outra entrega máis:
mércores, decembro 17, 2014
martes, decembro 16, 2014
Benvido, Núñez Singala
Hoxe visitaranos Manuel Núñez Singala con dobre programa: á cuarta hora falaralle ao alumnado de 2º de ESO do seu libro Menú de enganos. A súa xenerosidade completarase con dúas horas de charla para o alumnado de 4º de ESO sobre Sociolingüística, que ben nos cómpre neste mundo no que nos movemos onde só escoitamos falar en castelán.
A profe Hortensia Ramos e o seu alumnado presentarán así o libro lido:
luns, decembro 15, 2014
domingo, decembro 14, 2014
Con Gisbert
O mércores 10 tivemos o pracer de recibir a Joan Manuel Gisbert. Gisbert falounos durante case dúas horas dos seus libros, centrándose sobre todo no libro lido polo alumnado de 2º de ESO, El arquitecto y el emperador de Arabia ilustrado por Alberto Urdiales e publicado por Edelvives en 1988. É precisamente a esta editorial a quen lle debemos a visita. Dende aquí queremos dar as grazas a ambos, editorial e escritor, por ese tempo tan ameno no que puidemos aprender tanto.
sábado, decembro 13, 2014
venres, decembro 12, 2014
xoves, decembro 11, 2014
mércores, decembro 10, 2014
martes, decembro 09, 2014
luns, decembro 08, 2014
Libro do Mal Amor (XIX)
Turno agora para amosar o traballo do alumnado por segunda vez. Eles e elas tamén son escritor@s e ilustrador@s!!!
domingo, decembro 07, 2014
O Matemático de Bermés
O día 5 de novembro tivemos o pracer de acudir a unha cita con Gonzalo Navaza para contarnos novas sobre a vida do noso Matemático de Bermés: José Rodríguez. El contounos moitos detalles da súa vida e da súa intelixencia.
José Rodríguez
González, “O matemático de Bermés”, naceu en 1770 na parroquia lalinense de
Bermés, no seo dunha familia de labregos. Desde pequeno destacou polo seu
talento nas matemáticas, o que motiva a un tío cura deste a levalo a estudar ao
Seminario de Monforte de Lemos e máis tarde á Universidade de Santiago.
En Santiago estuda
Teoloxía, pero son as Matemáticas as que realmente o apaixoan e para as que
está ben dotado, logrando unha cátedra desta disciplina na Universidade.
Con ansias de ampliar
sempre os seus coñecementos, solicita saír a Londres ou París na última década
do século XVIII. Logra ir a París e alí ponse en contacto con personalidades
moi destacadas nos estudos e aplicacións matemáticas e mineralóxicas. Coñece a
Haüy, o gran cristalógrafo francés, que lle regala unha colección de figuras
dos sistemas de cristalización dos minerais, e que aínda se conserva no Museo
de Historia Natural “Luis Iglesias” da Universidade de Santiago.
En plena invasión
napoleónica de España colabora co matemático francés François Arago na medida
do meridiano que vai desde Alburquerque en Francia ata Barcelona, coa idea de
calcular con precisión a medida do metro, unidade de medida do sistema decimal
que se quería instaurar a nivel internacional naquela época.
A partir de 1810
visita o Reino Unido e alí desenvolve unha grande actividade científica moi
diversa, segue interesándose pola mineraloxía pero tamén a fabricación de
buques, e non abandona as matemáticas onde realiza cálculos moi precisos para
determinar a forma da Terra.
Despois da expulsión
dos franceses de España vai para Madrid e destapa a súa faceta política,
chegando a ser deputado nas cortes polo goberno liberal que abrazou a
Constitución de 1812.
Coa implantación, de
novo, do absolutismo deixa a política pero non a súa faceta científica pois no
ano 1819 pasa a dirixir o observatorio astronómico de Madrid e nestes anos
viaxa moito a Galicia medrando nel un forte sentimento protogaleguista que
fomenta e apoia xunto con outros galegos afincados na capital do reino.
Xa en Galicia morre
en 1824 en Santiago, onde está enterrado no Mosteiro de San Agostiño nalgunha
tumba sen lápida.
sábado, decembro 06, 2014
O Parlamento nas súas voces
O día 1 de decembro, polo tarde o alumnado de
3º de ESO participou nunha Charla-coloquio, organizada polo Departamento de
CCSS, sobre o Parlamento de Galicia.
Dita Institución xunto a Asociación
de Exparlamentarios galegos levan a cabo esta labor de divulgación das funcións
do parlamento autonómico, a súa labor, e os seus órganos. Contouse ca presenza de tres exparlamentarios que representaban as
tres forzas do Parlamento galego. Polo Partido Popular, estivo Ascensión Yeguas
Sánchez, Luís María Tojo Ramallo polo PSdeG e Xesús Veiga Buxán polo BNG.
Tras a presentación, e a visión dun video sobre o Parlamento,
os exparlamentarios expuxeron a súa visión da vida parlamentaria.
Posteriormente o alumnado participou activamente facéndolle preguntas os exparlamentarios. O interés do
alumnado era sobre todo pola corrupción política, destacando na súas preguntas
os casos máis famosos de fraude fiscal e os máis televisivos, demostrando que o
alumnado sí mostra certa inquietude por este tema, que considera xeneralizado e
que os exparlamentarios esforzáronse en rebatir tal idea.
En xeral a
valoración da Actividade por parte do Departamento de Ciencias Sociais é
positiva pois acerca aos políticos a realidade social e educativa.
María Soledad Milmanda Cajaraville
venres, decembro 05, 2014
O maltrato a través das cancións
Unha das exposicións e traballos que realizamos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero veu directamente dende o IES Chano Piñeiro de Forcarei e a xenerosidade de Isabel, profesora de música nese centro.
A través de letras destas cancións, propoñemos unha reflexión sobre diferentes aspectos relacionados co maltrato:
A través de letras destas cancións, propoñemos unha reflexión sobre diferentes aspectos relacionados co maltrato:
xoves, decembro 04, 2014
II Concurso literario Mª Vitoria Taboada
O Instituto Ramón Mª Aller Ulloa
convoca o II Concurso literario Mª Vitoria Taboada de relato curto,
microrrelato e poesía, dirixido ao alumnado de secundaria dos centros
dezaos.
Xa sabedes que imos participa... e gañar!
Xa sabedes que imos participa... e gañar!
mércores, decembro 03, 2014
Mostra de Robótica e Sensores
Pouco a pouco vannos chegando os vídeos das actividades realizadas no mes de novembro. Vaia, que imos lentos pero seguros!
Aquí podemos observar como o alumnado de 4º de Diversificación foi o encargado de dirixir o Día da Ciencia en Galego o pasado 4 de novembro: eles foron os artífices destes robots incribles que construíron e nos explicaron:
martes, decembro 02, 2014
luns, decembro 01, 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























































