Este mes comezamos unha nova actividade: O recuncho das mulleres invisibles é un lugar no que dar a coñecer o papel que tiveron moitas das mulleres na Historia.
Cada mes dedicaremos este espazo a unha muller relevante da que daremos a coñecer a súa historia e os seus logros.
Organizamos o I Concurso Fotográfico dentro do Club de Letras, que este ano está dedicado aos Coidados, para todo o alumnado do IES Laxeiro.
Faremos unha exposición con todas as fotografías presentadas e logo o Departamento de Matemáticas co seua alumnado de 1º da ESO fará unha estatística de cantas mans pertencen a mulleres e cantas pertencen a homes.
- rematamos o espazo lila na entrada do centro: zona de consulta fixa formada por libros, películas, notas de prensa relacionadas coa igualdade de xénero, violencia machista, masculinidades igualitarias... que actualizaremos constantemente grazas ao alumnado voluntario da biblioteca e ao de Pmar. Aquí tedes máis fotos.
- seleccionamos títulos relevantes para unha exposición temática tamén na entrada do centro.
- exposición de debuxos para o 25 N de Cristina Blanco, alumna autodidacta de 1º da ESO que nos sorprendeu gratamente pola calidade dos seus deseños.
- traballamos coa canción de Rozalén "La puerta violeta" decorando as portas de varias aulas.
Este vídeo foi realizado por tres alumnas do grupo de igualdade "Trafegando pola Igualdade" do IES Laxeiro, para pór en relevancia que ata unha factoría como Disney -que ten aínda que percorrer moito camiño- está cambiando o conto. Mozas que pouco a pouco vanse empoderando nos seus filmes.
A intención é facer fincapé no positivo, no empoderamento, sen criticar moitos aspectos -coma o físico das mozas- para alentar a seguir trazando un camiño de igualdade no que as protagonistas non necesitan de compañeiros masculinos para sobrevivir.
Escollemos esta curta feita
en 2013 por Matanick, Nathanel como director e a súa esposa Cristina como
guionista. Tiveron previamente a experiencia de ser familia de acollida de
menores en situación de desamparo e quixeron compartila co ánimo de facer
visible esta figura nestapelícula, que
é a sua ópera prima.
1) A continuación imos
contestar a unha seria de sinxelas cuestións:
- É unha curta pois…
Dura máis de 10’Dura menos de 1 hora Saen menos de 200 persoas
- As siglas VOSE significan:
Versión Orixinal con
subtítulos en español
Versión Orixinal con
subtítulos en inglés
- Que é unha ópera prima?
A que se fai entre
familiares, non necesariamente primos.
A que é a primeira que fai
un director, un artista, ou un creador.
- A continuación vai unha
relación clásica de xéneros cinematográficos, escolle aquel(es) nos que
poderiamos encadrar esta curta:
Documental
Biográfico
Histórico
Musical
Comedia
Infantil
Do oeste americano-Western Aventura/acción Bélico
Ciencia ficción Drama
Suspense
Terror-horror
Para >idade
Que outros adxectivos cres
que corresponden con ela
Cine social
Familiar
Violencia de xénero
Acollemento familiar
Adopción
Relato en primeira persoa
Asistencia social
Protección á infancia.
Muller
Exclusión social
Abandono familiar
Violencia familiar
Autobiografía
- Lembras que nome ten a
protagonista?:
ZoeSuSusana
- O director non só segue a
protagonista, senón que para axudar a contar a historia con veracidade,tamén lle dá :
VozLuzOportunidade
2) Deixamos a parte técnica
da obra cinematográfica, e concentrámonos nos conflitos que aborda esta curta:
- Cal cres que é a temática
principal?
Violencia de xénero
Violencia
familiar
Violencia contra os menores
Os menores na violencia de xénero
Familias
acolledoras
- Como definirías o estado
inicial da protagonista?
Deprimida pola situación
Enfadada co mundo
Adaptada ao
“ambiente” familiar
Rexeita os adultos
Non entende
a súa nai
Mantén
a normalidade co irmán
Asume roles de nai
Illada
Rabia-cambios repentinos de
humor
- Cando hai unha situación de
abandono/desamparo de menores poden aplicarse varias medidas
Centros de acollida
inmediata
Centros de acollida
permanente
Acollemento familiar
Acollemento familiar
preadoptivo
- A
violencia de xénero provoca nestes nenos e nenas unha diminución da autoestima,
unha repetición de roles (pasivos ou agresivos) ou unha desconfianza cara ao
mundo dxs adultxs , e poden verse nalgunhas das seguintes situacións:
Insensibilidade
ante as emocións ou bloquean os pensamentos.
Desconectan
do ruído e o caos, aprenden a non oílo.
Crer
que son algunha outra persoa a través de concentrarse moito.
Beben
alcol e/ou usan drogas.
Planean
a vinganza do seu agresor, fantasean con
matalo.
Fantasean
cunha vida máis feliz, vivindo con outra familia.
Fantasean
sobre como será a súa vida despois do divorcio ou cando acaben as agresións.
Fantasean
con ter un accidente.
Desexan
ser rescatados por unsúperheroe, a
policía ou un príncipe.
Irse
a outro cuarto, abandonar a casa durante unha agresión.
Buscan
escusas para non ir a casa. Foxen dela.
Relaciónanse
con ‘malas influencias’.
Teñen
relacións sexuais para atopar intimidade e proximidade.
Quedan
embarazadas na adolescencia para ter a alguén que as queira.
Protexen
os irmáns e as irmás do perigo.
Coidan
aos bebés coma se fosen os seus pais ou nais collendo un rol paterno ou
materno.
Coidan
da súa nai.
Contan
o que pasa a alguén da escola, a un veciño/a, a algunha amiga ou amigo da
nai,etc.
Chaman
á policía.
Falan
cos irmáns, amigos ou algunha persoa adulta que sexa significativa.
Fan
actos temerarios ou teñen intentos de suicidio.
Autománcanse.
Explosións
de ira, son agresivos ou agresivas con outras persoas, métense en pelexas.
Fan
deporte, saen a correr, teñen moita actividade física, etc.
Escriben,
debuxan, fan poesía, teatro ou outras actividades creativas.
Mostran
excelentes resultados académicos.
Cren
‘mamá foi mala’ ou ‘eu fun malo/a’ ou ben ‘papá está tenso do traballo’.
Pensan
‘eu podo parar a violencia se cambio a miña forma de comportarme’ ou ‘podo
saber cando pasará a próxima agresión’.
Tentan
ser a nena ou neno perfecto.
Menten
para tapar algunha cousa mala (por exemplo, malas notas no colexio) para evitar
críticas, agresións ou situacións de tensións na familia
3)
Imos revisar algúns datos do estado español:
- Dende
2003 cantas mulleres vítimas mortais por violencia de xénero das súas parellas
ou exparellas houbo ata agora?
1703408501071
- Que
porcentaxe dos menores estivo exposto de forma repetida a situacións de
violencia de xénero contra a súa nai?
1 %10 %20 %30
%
- Dende
o 2013, ano no que empezaron a contarse os casos de menores mortos por
violencia de xénero contra a súa nai, cantas cres que houbo?
Este é un bo ano para reivindicar as librarías de proximidade, espazos que van máis alá da venda de libros, transformándose en motores culturais da comunidade. Librarías con profesionais que entenden a literatura como algo non supeditado ás modas. Libreiros e libreiras que conseguen o imposible, que nos axudan a conformar unha colección rigorosa nas nosas bibliotecas. Librarías que son espazos de acubillo para alumnado e familias, con múltiples actividades compartidas.
Este ano non imos facer actividades concentradas nun día, por motivos evidentes, así que o mes de novembro será todo o mes o Mes da Ciencia en Galego. O alumnado xa está a traballar co profesorado de ciencias na investigación dos autores: Robert Koch e Ernest Vieítez Cortizo.
Para este
curso 2020-2021 e seguindo as recomendacións protocolarias anti-COVID, a
Biblioteca informa das seguintes medidas para o seu bo uso e correcto
funcionamento:
1.-
A biblioteca terá un aforo máximo de 24 persoas, sen contar o
profesorado de garda.Reducimos os
postos de traballo nas mesas de estudo para garantir a distancia de seguridade.
A zona de lectura relaxada queda reducida a oito persoas.
2.-
Na entrada ena saída da
biblioteca, o usuario disporá de xel hidroalcohólico para hixienizar as súas mans.
3.- Só abrirá en horario lectivo de mañá, permanecendo pechada polas
tardes. O alumnado de nocturno poderá solicitar os libros en préstamo ao seu profesorado ou mandar un correo electrónico para demandar os libros solicitados. (biblioieslaxeiro@gmail.com)
4.- Accederase
á Biblioteca polo vestíbulo de Igualdade e sairase polo vestíbulo de
conserxería, gardandosempre a distancia de seguridade e
utilizando a máscara protectora.
5.- Os lugares
para NONsentar están identificados
debidamente.
6. O profesorado de
garda identificará os postos que se ocupen para proceder á súa desinfección.
7. A devolución de libros ou outro material deberá de
realizarase de xeito persoal e individual, sen intermediarios.
8. No momento da devolución só poderá haber unha persoa
no mostrador da Biblioteca, gardando a distancia de seguridade.
9. Os
libros devoltos deberán permanecer no caixón de desinfección como mínimo 4
horas antes de volver aos andeis.
10. Non manipular os libros. Se unha persoa quere consultar algún, solicitará
a axuda da responsable de biblioteca. Igualmente ocorre cos préstamos, se
alguén quere levar libros prestados non poderá collelos directamente dos
andeis.
SE TOD@S RESPETAMOS ESTE
PROTOCOLO, PODEREMOS GOZAR DUN ESPAZO DE LECER SEGURO…