O
luns 18 de novembro de 2013 foi un día de festa na Biblioteca do centro. Os
tres grupos de 1º da ESO visitaron as instalacións e participaron en
varias actividades que dende o Equipo da Biblioteca se organizaron
para dinamizar este espazo e conseguir que os alumnos o coñezan e
fagan un bo uso del.
Aprenderon
a localizar un libro nos andeis; puideron ver fotos antigas de como
era fai 30 anos a nosa Biblioteca; incluso apalparon con sorpresa o
libro máis antigo que forma parte dos máis de 13500 volumes dos que
dispoñemos: un exemplar de La Celestina que
data de 1876.
Nesta
galería de fotos podes ver aos participantes na actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario