venres, maio 23, 2014

Proxecto "Fume de Biblioteca"



Trátase dun proxecto que pretende fomentar e expandir a Biblioteca como unha fonte de recursos en distintos soportes. As protagonistas son as letras e palabras que pouco a pouco están trasladándose ao mundo dixital e virtual.

Que función terá entón a Biblioteca, como espacio físico e motor de arranque de novas ideas?. As letras e palabras deciden pois marcharse, expandirse e inundar todo o Centro, xerando fume que sae da Biblioteca. De repente, estas letras fanse fortes e máis sólidas, reformando e cambiando os distintos espazos do Centro. Coa súa presenza dámonos conta da importancia do material físico de lectura a pesar dos avances das novas tecnoloxías.

Con este proxecto tamén tratamos de reflexionar sobre a relación tan estreita entre Arte e Literatura mediante este retorno ao mundo da letra.
Creamos "camiños"  con frases en distintos idiomas, palabras e letras para extendernos por todo o Centro, nun intento de unir Arte e Literatura.
No hall principal, anexo á Biblioteca, instalouse tamén unha escultura na que as letras son as protagonistas, disposta en forma de tótem, entre o chan e o teito. Con esta intervención pretendeuse crear un espazo diferente, unha prolongación da Biblioteca.

.         

Ningún comentario:

Publicar un comentario