O día 4 de Novembro de 2013 celebrouse o día da Ciencia en Galego. Coa iniciativa do Departamento de Bioloxía e coa colaboración do Departamento de Plástica e da Biblioteca conseguiuse conmemorar a cada un dos persoeiros honrados neste día.
Nesta ocasión estivo dedicado ás figuras de Isaac Díaz Pardo,
intelectual, pintor, escritor e filántropo galego. A Florence
Nightingale, enfermeira inglesa que coas súas medidas de hixiene nos
hospitais contribuiu ao desenvolvemento da mediciña moderna. E a Richard
Buckminster Fuller, arquitecto estadounidense que revolucionou o mundo
da construción con materiais lixeiros e as súas famosas cúpulas
xeodésicas.
Nas fotografías vese unha mostra deste acontecemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario