BASES
PRIMEIRA
Poderán
participar todo o alumnado matriculado no curso 2014/15 no IES Laxeiro de Lalín.
O resto do persoal do centro pode presentar traballos fóra de concurso.
SEGUNDA
Establécese unha
única categoría.
TERCEIRA
Haberá dous premios
para os mellores traballos entregados. O xurado resérvase a posibilidade de
entregar algún premio especial á orixinalidade.
CUARTA
Os
participantes deberán presentar un
máximo de tres fotografías nas que aparezan reflectidos, dalgún xeito,
contidos matemáticos. Cada fotografía levará
un título no que se fará referencia ao contido matemático que representa.
As fotografías serán orixinais, realizadas con cámaras analóxicas ou dixitais
(incluídos móbiles) pero, en todo caso, sen manipular.
O tamaño é
libre e permítese que sexa en cor, branco e negro ou sepia.
ACORDÁDEVOS QUE VALORAMOS SOBRE TODO A
ORIXINALIDADE!!!.
QUINTA
O prazo de
presentación das fotos será do 24 de
Outubro ao 10 de novembro. Poderán entregarse a calquera membro do
departamento de Matemáticas ao que se lle deberá indicar o curso e grupo ao que
pertenza o/a autor/a da foto. No caso de presentalas en papel deberá facerse nun
sobre no que figure por fóra: CONCURSO
DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA.
SEXTA
O xurado
valorará as fotos presentadas tanto desde o punto de vista estético como
matemático. Dito xurado estará composto polo profesorado do Departamento de
Matemáticas e o profesorado do Departamento de Plástica e a súa decisión será
inapelable podendo quedar algún dos premios deserto.
SÉTIMA
Coas
fotografías presentadas realizarase unha exposición no centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario