Estabamos preparando unha entrada neste blogue sobre este fenómeno, e Ramón Nicolás adiantóusenos. Así que desde aquí agradecémoslle o traballo realizado e pedímoslle permiso para copialo:
Sei agora dun fenómeno
que descoñecía, isto é, os booktuber, blogueiros en vídeo ou tamén
chamados vloggers que, diante dunha cámara, expoñen as súas opinión e
comentarios sobre lecturas e libros. Estes vloggers contribúen, á súa
maneira, a manter aceso o facho do interese pola lectura e polo libro
con outras linguaxes que sempre suman e que contan cun
número pasmoso de subscritores nos seus canais de YouTube.
Alén de coñecer quen é Javier Ruescas, interesáronme as visións dunha moza galega -Señorita Bones- cunha visión sobre 50 sombras de Grey e, sobre todo, de Sebas G. Mouret, de quen atopei estas particulares visións sobre Arraianos e Made in Galiza que deixo aquí abaixo. Este mozo é ademais o creador de "O rocho das ideas", canle de Youtube.
Ningún comentario:
Publicar un comentario