Dentro das charlas temáticas do Plan Director
para a Convivencia Escolar, o luns 13 estivo con nós o sarxento da Garda
Civil da Estrada D. Luis López Dapena.
O alumnado de fpBásica e 2º ESO recibiu
información sobre que é o acoso escolar, os seus tipos, as persoas que
participan e tamén consellos sobre onde acudir, como actuar se es vítima de
acoso, agresor/a ou espectador/a.
O centro conta cun plan de convivencia que pon
en marcha actividades que fomenten a resolución pacífica de conflitos e a
cohesión grupal, e esperamos pór a funcionar en breve o equipo de mediación.
Deixámosvos unhas imaxes e recordámosvos o
teléfono da Garda Civil para denunciar o acoso:
900 018 018
Ningún comentario:
Publicar un comentario