mércores, maio 17, 2017

As Letras na Praza



 O martes 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas na Praza de Abastos, como vén sendo habitual. A praza foi decorada polo alumnado de Plástica con bechos e froitas que foron tirados dos textos de Carlos Casares, ademais houbo un mural explicativo na entrada da praza. O alumnado de 1º de ESO A realizou unha introdución ao acto que consistiu nunha breve reseña biográfica e bibliográfica sobre Casares, a través dun diálogo, e que se completou coa lectura de textos de Casares. O acto rematou coa actuación do cantatutor Xosé Constenla.












https://goo.gl/photos/zrkNU86o1Rq6uFVr5

Ningún comentario:

Publicar un comentario