https://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2019/03/15/23-mujeres-15-hombres-menores/2069038.html
http://www.cogami.gal/es_ES/difusion/sala-de-prensa/noticias/acadar-presenta-en-el-ies-laxeiro-de-lalin-una-guia-sobre-violencia-sexual-hacia-las-ninas/
ACADAR, a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia, foi constituída no 2009 por un grupo de mulleres con inquietudes e desexos comúns de alcanzar a igualdade efectiva de oportunidades das mulleres con discapacidade de Galicia. A misión da entidade é a de promover, coordinar e reivindicar a defensa dos dereitos das mulleres con discapacidade en todos os ámbitos da vida, facendo visible a interacción dos diversos factores que condicionan a nosa autonomía e sitúannos nunha posición con maiores niveis de discriminación.
A finais de 2018, ACADAR edita a guía Violencia sexual cara ás nenas e mulleres con discapacidade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad. A realización da guía ten o obxectivo de visibilizar este tipo de violencia que permanece oculta, sobre todo entre o colectivo de nenas e mulleres con discapacidade, e estamos ante unha realidade moi presente aínda nos nosos días.
A actividade que se realizará no centro é unha presentación desta mesma guía coa presencia da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella e a presidenta de ACADAR, Mónica Álvarez San Primitivo. Posteriormente á presentación inicial se fará unha performance cos materiais empregados para o proceso de realización da guía. Esta obra a realizará a artista Mónica Mura empregando un xogo de luces e sombras e unha pequena exposición coas fotos realizadas pola mesma artista para a guía.
Estas presentación realizaránse en 4 centros de toda Galicia inscritos no programa Por 365 días de Respecto e Igualdade sendo o IES Laxeiro de Lalín o primeiro en acoller esta actividade. A iniciativa de facer estas presentacións nos centros de secundaria ven de detectar a necesidade de implantar unha mensaxe ao alumnado destas idades e poder concienciar sobre esta realidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario