sábado, marzo 23, 2019

Con Alberto Garrido

O  venres 22 tivemos a oportunidade de escoitar a experiencia vital dun exculturista, Alberto Garrido, ferrolán de 44 anos que tivo a valentía de dar a coñecer, de primeira man, cales son as consecuencias do consumo de sustancias prohibidas e perigosas,  co fin de mellorar o rendemento ou, como no seu caso, acadar un corpo acorde as esixencias do modelo de competición da súa disciplina.
Alberto deixou claro que todo adolescente que se inicie nunha sala de musculación e lle guste unha disciplina como o culturismo, debe ter moi presente que o consumo deste tipo de sustancias ten un efecto devastador no organismo, como el mesmo puido comprobar. 
A saúde debe estar por riba de calquera afán competitivo e a loita contra o dopaxe debería estar moito máis presente nesta disciplina, pois segundo as palabras de Alberto, practicamente o 100% dos e das culturistas que acoden a competicións de certo nivel, o fan sen pasar controis de dopaxe e coa sombra da sospeita enriba deles.


Ningún comentario:

Publicar un comentario