Curta de Pixar que constitúe un alegato contra o machismo, a discriminación e o acoso.
Conta a historia metafórica dunha muller que se incorpora a unha oficina na que só hai homes, e tras a indiferencia e presión dos seus compañeiros, sométese a un cambio radical para comportarse coma eles e encaixar.
Pouto despois chega Lacey á empresa, unha traballadora coa que Purl síntese identificada e decide volver a ser a mesma de antes e entablar unha amizade con ela sen lle importar a opinión do resto.
Cres que unha muller ten que demostrar a súa valía no traballo máis ca un home?
Que significa "acoso laboral"?
Falemos da "brecha salarial": sabes cal é a diferenza de remuneración polo mesmo traballo entre un home e unha muller en España?
Que siginifica "teito de cristal"?
Ningún comentario:
Publicar un comentario