Un grupo de alumnas do noso club de Igualdade lémbrannos que a Igualdade non está aínda conquistada. Foi algo que partiu delas e queremos agradecer a Zerua Galego a súa implicación no camiño do feminismo.
Este curso será o último que este grupo de mozas que "trafegaron pola igualdade" dende hai catro anos, cando estaban en 3º da ESO, conquistaron o noso corazón feminista. Dende aquela primeira reunión temos tido moitas xuntanzas e temos compartido moitas lecturas, moitas confidencias e temos aprendido moito, tanto de diversos obradoiros como das lecturas como delas mesmas, persoas interesantes e interesadas.
Ímolas botar de menos. Agardamos que veñan futuras xeracións que estean tan comprometidas coma elas. Pero sei que para min serán sempre un referente e que dende a distancia estarei sempre orgullosa das súas conquistas e da súa loita feminista. Porque se de algo non teño dúbida ningunha, é que a causa feminista subirá un chanzo máis na súa loita grazas a elas.
Quérovos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario