xoves, marzo 11, 2021

Facendo Historia

 


Alumna 1: Ao longo da historia as mulleres participamos en numerosos movementos co obxectivo de reivindicar os noso dereitos . Por exemplo nós, non vimos hoxe vestidas así por casualidade, vimos así para recordar o papel das mulleres sufraxistas, un movemento reformista que loitou polo voto das mulleres. Tampouco é casualidade que no 8 de marzo se tinga todo de cor morada. A cor morada é a cor representativa do Día da muller porque era a cor que en 1908 empregaban as sufraxistas inglesas. Nos anos 60 e 70, as mulleres socialistas escolleron esta cor como símbolo da loita feminista e posteriormente asociouse á propia xornada do 8 de marzo.

 

Alumna 2: As nacións unidas acordaron declarar o 8 de Marzo como día internacional da Muller. Escolleuse este día en conmemoración de miles de traballadores do téxtil que en 1857 saíron ás rúas de Nova York co lema: Pan e Rosas para protestar polas condicións laborais nas mulleres. A expresión pan e rosas proviña dun poema publicado por primeira vez na revista American Magazine en 1911, o poema de James Oppenheim transformouse e púxolle nome ás proclamas das mulleres traballadoras.

O capítulo máis cruento da loita polos dereitos da mulleres tivo lugar o 8 de marzo de 1908, cando, tras unha delcaración de folga de permanencia no traballo se incendiou unha fábrica de camisas en Nova York onde morreron un total de 123 mulleres, que non conseguiron escapar do incendio posto que os responsables da fábrica tiñan fechadas todas as saídas.


Alumna 3: A celebración deste día foise estendendo ao resto de países. En España esta data é significativa dende que un 8 de marzo de 1910 a muller pudo acceder ao Ensino superior en igualdade de condicións que o home, no momento en que se aprobou unha real orde que autorizou “por igual a matrícula de alumnos e alumnas”, medida tomada pouco despois de que Emilia Pardo Bazán fora nomeada conselleira de Instrucción Pública.


Queremos rematar cos versos de Pan e Rosas que din así :

 

Mentras imos marchando, marchando, a través do fermoso día

un millón de cociñas escuras e miles de grises filandeiras,

son tocados por un radiante sol que asoma repentinamente

xa que o pobo nos escoita cantar: Pan e Rosas!, Pan e Rosas!


Mentras vaiamos marchando, marchando, gran cantidade de mulleres mortas

van gritando a través do noso canto o seu antigo reclamo de pan;

os seus espíritus fatigados non coñeceron o pequeno arte e o amor e a beleza.

Si, é polo pan que pelexamos, pero tamén pelexamos por rosas!


A medida que imos marchando, marchando, traemos con nós días mellores.

O levantamento das mulleres significa o levantamento da humanidade.

xa basta do agobio do traballo e do folgazán: dez que traballan para un que repose.

Queremos compartir as glorias da vida: pan e rosas, pan e rosas! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario