sábado, abril 04, 2015

8 webcomics (de mulleres)

Vímolo no blogue irmán do IES Ramón Mª Aller Ulloa e non resistimos copialo porque non parece máis ca interesante. Así que, grazas a Mario e o seu equipo, aquí tedes esta ben cumprida información:


Tampouco é doado atopar webcomics de mulleres, desde mulleres, na rede. Hainos, claro que os hai, pero son os menos.
A pesar diso, aínda resulta máis difícil seleccionar oito, só oito! Estas cousas hainas que facer sen pensar nos que quedan fóra. Van estes oito e van porque o merecen (algún máis temos recollido -este ou estoutro- baixo a etiqueta literiatura, de feito aquí só traemos unha autora que xa presentaramos antes, a única que estaba por partida dobre...,  iso si que non é casualidade!).

O primeiro, claro, debe ser o máis próximo. Desde setembro de 2008, leva Sabela Arias con Historias de Icía e avoa, vaia para ela a nosa primeira homenaxe:

8 de marzo 2014


Magola xa sumou vinte militantes e reivindicativos anos nas tiriñas de Nani Mosquera e non para de enfrontarse a constante retos:
19-10-2014
Na longa e expléndida obra de Laerte Coutinho (unha entrevista), Muriel vén sendo alguén moi, moi, moi especial, tanto que pode ser Hugo que, non raro, é Muriel, inseparable de Hugo, e así. Ben ela -el- teno claro, pero non lle sucede igual a todo o mundo.
10-6-2013
Di Julieta Arroky que É un mondo difficile, pero a ollada de Ofelia faino algo máis cálido:
10-1-2014
Clara Gomes constrúenos un mundo de bichinhos de jardim que máis parece unha galaxia para entenderse co universo:
 Mira
Agustina Guerrero é capaz de velo tan claro que mesmo dá para pensar que a vida era así como era. Esta viñeta é fabulosa:


Os territorios do cotián que nos mostran Cibele Santos, Camila Tomazini e o resto do equipo en Mulher de 30 é tan verosímil que ata semella que a realidade se ten de adaptar aos cadriños.

 1-8-2014
Quan Zhou, como o seu propio nome indica naceu nun taxi en Algeciras. Gazpacho agridulce é o espazo máis noviño da antoloxía. Comprobade que fai honor ao seu nome: 


6-10-2014
E aí van os oito e aquí quedo co remorso de non traer máis. Ben, como no de Icía e avoa non adoita haber secuencia e non debería contar, podo achegarvos este de sete (estalos) sen facer trampa.


O que non é trampa é se, aproveitando a ocasión, vos suxiro dúas guías de lectura que poden vir ao caso:
Còmics en femeni editada por Biblioteques de Barcelona xa leva tempo na rede.
Estoutra, do centro de documentación María Zambrano, é de finais do ano pasado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario