Marchou Eduardo Galeano. Decidiu cruzar unha porta que prefeririamos pechada. Pero ás veces ábrese para aqueles que teñen unha voz especial.
O bo é que esa voz permanece grazas aos seus libros.
Por iso, na Biblioteca do IES Laxeiro comezamos esta campaña de Fomento da lectura buscando un libro seu, unha lectura na nosa lingua coa súa voz.
Porque a súa voz segue a ser necesaria, eficaz, rotunda.
E, dende aquí, mandámoslle as nosas voces, as nosas lecturas, as nosas apertas.
Que as portas dos libros non se pechen nunca para procurar a túa voz.
Quen son os lectores deste libro?
Grazas a José Manuel Nóvoa Blanco polas fotografías que nos acompañan nesta campaña!
Ningún comentario:
Publicar un comentario