Hoxe, 2 de Abril, conmemórase, tal e como se vén facendo desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. A IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil,
coa fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as
nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa
imaxinación e os/as axuden a medrar como lectorxs e como persoas.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser
a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección
elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co
fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un
recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se
difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación,
etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación,
encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións
puntuais.
A través da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) podemos acceder á mensaxe de Marwa Al Aqroubi e ao cartel de Nasim Abaeian.
"Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias"
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."
Ningún comentario:
Publicar un comentario