Estamos iniciando a campaña "Lemos no verán" que consistirá en repartir bolsas cunha guía de lectura para que alumnado -e calquera membro da comunidade educativa- leve libros para ler no verán; esta guía de lectura é un traballo supracolaborativo entre os ENDL dos IES de Forcarei e este, ademais das bibliotecas de ambos, claro.
Amosámosvos agora o proceso de "fabricación" das bolsas. É o alumnado de 1º da ESO o encargado deste traballo. Están quedando magníficas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario