Intervención nun espazo
Despois de traballar co mundo das vangardas do século XX e despois de observar como vai evoluíndo a arte ao longo do tempo, vendo que nos últimos anos deste século XX @s artistas buscaban provocar a reflexión do espectador, o alumnado de 1º ESO - C coa súa profesora Aranzazu Diñeiro realizou esta intervención no patio, exaltando as manchas de chicle que alí están pegados.
A intervención realizouse rodeando cada mancha de chicle con círculos concéntricos simulando unha diana (2 ou 3 círculos). Logo conectáronse con liñas tentando crear unha rede de chicles.
Cada chicle identifica unha persoa e xérase unha rede social de persoas que non se percataron de algo obvio e fundamental: o patio está cheo de papeleiras.
Esta intervención realízase para provocar a reflexión entre o alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario