Puxémonos a cavilar... Como celebrar este curso o Día das Bibliotecas? A idea de traballarmos xuntos os centros de Lalín vén de hai tempo. Somos minifundistas ata de pensamentos e gustaríanos ir dando pasos para atallalo. Este foi un deles. Todos os centros do concello -todos eles do PLAMBE- unidos celebrando este día tan especial. E como a cabeciña non para, puxémonos mans á obra.
O primeiro impedimento, claro está, é o orzamento. E foi entón cando acudimos ao Concello para propór as nosas ideas; todas elas eran inviables economicamente, pero algunhas si que podían ser costeadas: autobuses e contacontos subvencionados polo Concello.
Non quedaba máis que chamar a unha contacontos (tiñamos moi claro que fose "unha") e aquí está Soledad Felloza, con dúas maletas das que saca libros para caer de cu, literalmente.
Foi unha xornada inesquecible.
Grazas a todos e a todas por facelo posible.
Os dous xornais con edición dezá fixéronse eco da actividade conxunta de todos os centros do Concello de Lalín para conmemorar o Día da Biblioteca Escolar. O alumnado de 6º de primaria e o de 1º de ESO escoitou con atención a Soledad Felloza e o seu particular mundo dos libros e dos contos. Toda unha lección de contada e de animación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario