luns, decembro 12, 2016

Xincana literaria

Como todos e todas sabedes, este primeiro trimeste do curso, todo o centro está a realizar unha homenaxe a Agustín Fernández Paz. E o mellor xeito de facelo non dubidamos que era léndoo; por iso os seus libros pululan por todos os cursos. Ademais, o alumnado de 3º e 4º da ESO realizou booktrailers dos libros lidos por eles e elas.
Esta semana convidámosvos a participar nesta xincana, cuxo obxectivo consite en atopar no menor tempo posible as respostas ás preguntas que aquí vos formulamos. Se queredes participar, recollede na biblioteca a ficha de respostas. E dádevos présa porque só tedes ata o venres.
A entrega de premios realizarase o mércores canda a entrega de notas.

Powered by emaze

Ningún comentario:

Publicar un comentario