Os conflitos forman parte da convivencia humana
e, polo tanto, tamén no ámbito formal dos centros educativos existen conflitos.
En función de como os manexen as partes implicadas estes poden ser máis ou
menos construtivos, de aí a importancia de adestrarnos nas estratexias de
resolución pacífica de conflitos. Unha destas estratexias, que agora mesmo está
sendo posta en marcha en decenas de centros educativos de Galicia, é a
mediación.
A mediación é un proceso no que unha terceira
persoa neutral (o/a mediador/a) axuda ás persoas en conflito a atopar unha
solución por si mesmas a través do diálogo, firmando un acordo que satisfaga a
ambas as dúas partes.
O centro IES Laxeiro de Lalín inclúe esta
opción dentro do seu plan de convivencia, e neste curso 2016-17 lanza o
programa de formación de mediadores, coa colaboración de Atalaia Social e a
Asamblea de Cooperación pola Paz.
O mércores 7 de decembro, o alumnado de 2º e
4º ESO tiveron a presentación do programa e mesmo participaron nunha dinámica
breve de como sería unha mediación. Esperamos que este servizo se poida pór a
funcionar neste curso e animamos a utilizalo de forma responsable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario