Co título de Re*Existencias LGTBIQ, o venres 24 de marzo o alumnado de
3º ESO participou nas charlas, enfocadas a público adolescente. Os convidados
foron:
- Dr. Enrique Latorre (filosofía da USC) que centrou a charla en identidade e diversidade sexual.
-Dna. Cristina Palacios, traballadora social e presidenta de ARELAS
(Asociación de familias de menores trans*) explicando o traballo da asociación
e as dificultades e necesidades dos menores trans* (que despois participaron
nunha mesa redonda).
-Dna. Paula Lois: matemática e activista de Galiza Entende, que falou
sobre sexualidade lésbica.
-Dna Carmen Fernández, decana da facultade de ciencias da educación da USC
que falou sobre como traballar a diversidade sexual e de xénero no curríulo
educativo e nos plans de convivencia dos centros, como facilitar a
información….
Nos intermedios o grupo Canela Cafuné, amenizou e fixo rir e pensar
coas temáticas dos seus temas.
Esperamos que se repita a iniciativa dende o concello para o vindeiro
curso, xa que dende os centros é complicado facer intervencións para a
educación do ámbio afectivo-sexual, e debemos sinalar que este aspecto é
especialmente importante no colectivo adolescente na construción da identidade
persoal .
Ningún comentario:
Publicar un comentario