A ONU lanza unha campaña chamada "Atópaa" para amosar a escasa inclusión das mulleres no emprego exipcio (en Exipto as mulleres só representan o 23% do mercado laboral) versionando o xogo "Onde está Wally". Así, hai que atopar a única muller en lugares de traballo dominados por homes. De paso, o cartaz lembra que atopar mulleres en tecnoloxía non debería ser tan difícil.
Esta campaña enmárcase no programa da ONU Planeta 50-50 en 2030. Demos o paso pola igualdade de xénero, que quere animar aos gobernos a que eliminen as barreiras que impiden que as mulleres poidan ter o seu máximo potencial. Os cartaces pretenden por tanto amosar a importancia da igualdade de oportunidades.
Aínda que tampouco debería ser difícil topar mulleres en política:
E tampouco na ciencia:
E aquí tes as respostas:
1.-
2.-
3.-
Visto en Verne, do País.
Ningún comentario:
Publicar un comentario