martes, xuño 06, 2017

Meter o título (1)



Fernando González Salas escribe este poema a partir dos títulos:


Estudando na Escola de Menciñeiros,
conseguín atopar moitos Biosbardos,
aprendín todo sobre A cociña galega,
tamén entendín moitos  Poemas galegos,
mesmo a crear Teatro pra xente;
tiven tempo de coñecer ao mellor Castelao escritor,
e xa non o lembro
                  pero souben disfrutar dunha boa Esmorga,
entablei amizade coas Fadas Verdes,
xoguei no Corazón do bosque durante varias horas
e da miña nai recibín uhas tenras Cartas de inverno
pero, ao final, tiven morriña 
e
cando volvín á miña casa
                       deixei moita Xente ao lonxe.
Aínda así, 
vivín o resto da miña vida coma se nacese Made in Galiza.


Rubén Otero Cibeira escolle títulos de Álvaro Cunqueiro:




Na Cociña galega
utilizamos Herba aquí e acolá,
é coma unha Escola de menciñeiros,
para Xente de aquí e de acolá,
para Merlín e familia
ou para Os outros feirantes.

Na Cociña galega
sempre houbo Tesouros novos e vellos,
sempre foi coma a noite,
xa que A noite vai coma un río,
ou coma un Mar ao Norde.

Pero esta cociña,
nunca valeu para a Dona do corpo delgado,
ou para O incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca.

O que é algo que debemos apreciar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario